Loading...
Catalunya: liberdade e democracia 2018-05-02T01:57:39+00:00

Desde Mar de Lumes entendemos o proceso político catalán en marcha como a materialización da loita pola emancipación nacional do pobo da Catalunya. Só por isto constitúe xa un dos conflitos aos que atendemos, en base á máis elementar solidariedade entre os pobos e en base tamén aos principios organizativos que guían a nossa actividade, en particular o principio de apoio aos procesos de emancipación nacional.

Sen embargo, somos tamén conscientes de que a ruptura democrática que está a tentar Catalunya abre unha oportunidade como nunca antes no Estado español para que os pobos sen soberanía como o noso poidan atinxir a súa plena independencia. O que se xoga hoxe en Catalunya non se limita a Catalunya nen ao conxunto dos Países Cataláns. Por iso, de Mar de Lumes impulsamos, xunto con outras organizacións, a Plataforma Galiza con Catalunya para dar unha resposta como pobo de apoio á independencia e de denuncia da represión desatada polo Estado español, e tamén realizamos actividades propias para dar a coñecer a a situación catalá no noso país.