#5anosMarDeLumes

Cuba: vitoria para o futuro

Nos actos de quinto aniversario de Mar de Lumes non podían faltar as referencias a Cuba, que tiveron onte, 28 de Maio, unha primeira parte en Vigo e que continuarán a mediados de xuño na Coruña. Na cita de onte, contamos con Raúl Rodríguez, director do Centro de Estudos Hemisféricos e sobre os Estados Unidos da Universidade da Habana, que centrou a súa intervención nas relacións bilaterais entre a illa e os Estados Unidos — a materia en que é especialista — a raíz do recrudecemento da tensión despois do nomeamento de Donald Trump como presidente norte-americano; e tamén na actualización do modelo socialista de Cuba en dirección a unha nova profundización do socialismo.

Podes asistir á palestra de Raúl Rodríguez en Vigo grazas á emisión en directo realizada polos compañeiros de GzVídeos

Axenda MdL

  1. [Compostela] Galiza con Palestina

    25 de Xullo | 18:30 - 19:00
2018-05-31T16:43:24+00:00