Democracia é decidir

Mar de Lumes, como organización de solidariedade internacionalista, é unha das promotoras da Plataforma Galiza con Catalunya, que vén de convocar para este día 30 de setembro unha manifestación nacional en Compostela de apoio ao proceso de autodeterminación do povo catalán e de protesto contra as medidas represivas aplicadas polo Estado español contra as súas institucións e contra o seu povo, ao que denega a posibilidade de escoller democraticamente o seu futuro. A continuación, reproducimos a nota de imprensa da Plataforma en que é anunciada a manifestación.

Democracia é decidir

A Plataforma Galiza con Catalunya está constituída desde o inicio do proceso catalán, que foi acompañando, por diversas organizacións sociais, sindicias, culturais e políticas galegas que queren dar apoio conxunto, desde Galiza, ao proceso democrático iniciado polo pobo catalán. Esta é unha plataforma aberta a todas aquelas organizacións galegas que se queiran aderir.

Por cima das normais diferencias que teñen as organizacións que compoñen a plataforma, hai unha causa común: a defensa dos dereitos colectivos dos pobos e a defensa da democracia, e no que como galegos e galegas nos sentimos reflexadas.

Desda Galiza somos conscientes de que a situación política en Catalunya é de máxima excepcionalidade: chámase “desafío secesionista” ao dereito de autodeterminación dun pobo e “referendo ilegal” a un acto lexítimo de expresión da democracia. Neste sentido, á luz dos feitos acontecidos nos últimos días denunciamos e condenamos a aplicación encuberta do artigo 155 da Constitución e a conculcación sistemáticas dos dereitos individuais e colectivos en Catalunya. En particular, no día de hoxe, queremos condenar expresamente as detencións de cargos da Generalitat a gravísima escalada no estado de excepción imposto a Cartalunya. Neste sentido, ao longo do día de hoxe convocaremos concentracións de solidariedade nas principais cidades e vilas do país.

  • Vigo: 20h Farola Urzaiz
  • Ferrol: 20:30h Praza Armada (diante Edificio Xunta)
  • Lugo: 20h Subdelegación do Goberno
  • A Coruña: 20h Subdelegación do Goberno
  • Pontevedra: 20h Subdelegación do Goberno
  • Compostela: 20:30h Praza do Toural
  • Ourense: 20h Subdelegación do Goberno

Anunciamos ademais que desde a Plataforma Galiza con Catalunya temos convocada unha manifestación nacional para o vindeiro día 30 de setembro con saída ás 12h na Alameda de Compostela baixo o lema “Democracia é decidir” onde nos queremos sumar aos desexos do pobo catalán para decidir libremente o seu futuro sen mais limitacións que as que eles e elas decidan democraticamente.

Partilla

Share on facebook
Share on twitter
Share on telegram
Share on whatsapp
Share on email

Subscríbete ao noso boletín internacionalista