En Vigo, desmontamos a narrativa imperialista aplicada á Siria

Na tarde de onte, 13 de novembro, mentres en París tiñan lugar os ataques terroristas que colocaban as consecuencias do imperialismo ás portas da Europa-fortaleza, desde Mar de Lumes, en colaboración coa Libraría Andel de Vigo, desenvolvíamos unha charla-coloquio sobre a narrativa imperialista no caso da guerra da Siria.

Analisamos os mecanismos polos que o imperialismo asocia os gobernos que non se pregan aos seus intereses con ditaduras monstruosas, a criazón do Daesh e a súa propaganda de guerra, e desvendamos unha pequena parte dos axentes que interveñen sobre o terreo, desmontando a idea de que haxa unha oposición “pacífica” e unha oposición terrorista.

A palestra correu a cargo de Óscar Valadares e a selección e comentario dos materiais audiovisuais foi da man de Bernal Rúa, ambos membros de Mar de Lumes.

ACTUALIZACIÓN: Aquí podes ler a análise de Mar de Lumes sobre os atentados de París.

2018-04-06T19:15:26+00:00