Cargando eventos

O mércores 12 de decembro organizamos na Coruña, conxuntamente coa Marcha Mundial das Mulleres, unha proxección e debate arredor do documental “Kurdistán: A guerra das mulleres”. Este filme analiza a importante participación das mulleres na loita pola liberación do pobo kurdo nos diferentes territorios onde ten presenza e os avances no seu proceso de empoderamento e emancipación. Será a partir das 20h no Centro Social A Comuna, na rúa Doutor Ferrant, número 8 (Monte Alto)