Fayez Badawi en Galiza: “Exiximos a aplicación do dereito internacional contra o sionismo de Israel”

Dentro das actividades do 5° aniversario do Comité Galego de Solidariedade Internacionalista Mar de Lumes, hoxe compareceu en Santiago de Compostela o activista palestino Fayez Badawi, membro da FPLP (Fronte Popular para a Liberación da Palestina) e o portavoz para Europa. Convidado por Mar de Lumes participará en diferentes actos e encontros políticos a in de dar a coñecer os graves acontecementos en Gaza nas últimas semanas.

Fayez Badawi falou da situación actual que está a sofrer a Palestina, vítima da violencia indiscriminada por parte do exército de Israel que nesta última operación deixóu máis de 100 mortos, a maioría adolescentes, e máis de 1000 feridos, coincidindo coa Marcha do Retorno palestino, que trata de visualizar a política de apartheid do sionismo e a expulsión de palestinos das súas casas.

O portavoz palestino reivindicou a aplicación do dereito internacional, en particular a resolución 194 das Nacións Unidas, de 1948, e tamén criticou a hipocrisía e complicidade da Unión Europea e os estados occidentais no que é unha eliminación física e sistemática do pobo palestino, na criazón en Gaza do maior campo de concentración da historia e na limpeza étnica contra os palestinos que sobreviven dentro do Estado de Israel. Frente a isto, Fayez Badawi apostou por unha campaña de boicote, sancións e desinvestimentos similar á que no seu momento conseguiu terminar com rexime do apartheid en Sudáfrica.

Fayez Badawi participará con Mar de Lumes en dúas charlas, en Gondomar e Marín, como preludio da visita que realizará en xuño Leila Khaled, unha das líderes sociais e políticas da resistencia palestiniana e ícone histórico deste pobo.

Palestras previstas:

Día 23 ás 20h30 en Compostela. Viñoteca Vide-Vide (Organiza o BNG)
Día 24 ás 20h en Gondomar. Librería Libraida ás 20h (Organiza Mar de Lumes)
Día 25 ás 20h en Moaña. Casa do Concello. (Organiza Ateneo de Moaña)
Día 26 ás 19h en Marín. Biblicoteca Municipal (Organiza Mar de Lumes)

2018-05-27T09:09:12+00:00