#5anosMarDeLumes | Honduras: a resistencia dun pobo

#AltsasukoakAske

Dentro do programa de actividades do V Aniversario de Mar de Lumes, os días 9 e 10 de maio contamos en Pontevedra e Lugo, respectivamente, co activista político e social hondureño Jairo Velásquez, que falou sobre a realidade do seu país, desde o golpe de Estado que depuxo o presidente Manuel Zelaya e instalou un goberno títere até as últimas protestas masivas nas rúas pola fraude eleitoral coa que o goberno de Juan Orlando Hernández pretende manterse no poder e impedir o acceso da coalición progresista que gañou as eleccións de Novembro pasado. Un país onde a inxerencia para condicionar a dinámica política se converteu na norma dun pobo, por outra parte esquecido para a información empresarial.

2018-05-21T23:43:22+00:00