#5anosMarDeLumes

Mireia Boya: A nosa República é esencial para conquistar dereitos sociais

Mireia Boya, ex-deputada do Parlament de Catalunya pola CUP na anterior lexislatura e encausada polo Tribunal Supremo no proceso contra o independentismo, compareceu hoxe en Compostela con Óscar Valadares no marco da visita a Galiza para participar en dúas paletras baixo o título “Unha República sen medo”, nas que se pretende centrar a situación política actual en Catalunya desde a perspectiva da esquerda independentista e se tratan a cuestión da represión e a involución de dereitos.

Mireia Boya criticou a parálise das organizacións políticas maioritarias en Catalunya en base por causa da persecución xudicial, e defendeu darlle maior peso á mobilización social, á marxe das institucións, como verdadeiro motor político da sociedade catalá.

Tamén se referiu aos motivos polos que considera que a materialización da República catalá é inevitable e a de que maneira os avances nas liberdades civís e nos dereitos sociais dependen de conseguir dar forma a unha nova institucionalidade catalá non subordinada á española e non dependente da súa autoridade xudicial.

A primeira destas palestras foi onte en Compostela e os actos de Mireia Boya completaranse hoxe en Ferrol cunha nova palestra baixo o mesmo título na Fundaçom Artábria ás 20h30 e con varios encontros con medios de comunicación e organizacións políticas e sociais. Estas actividades enmárcanse no extenso programa do quinto aniversario de Mar de Lumes, que comezou a primeiros de maio e continuará até mediados de xuño con outras palestras e visitantes de Palestina, Honduras, Siria, Cuba, Venezuela, Curdistán, Andalucía ou Euskal Herria.

2018-06-03T00:32:08+00:00