Imperialismo fora da Siria 2018-05-02T02:43:13+00:00

Imperialismo fora da Siria!

Siria enfrenta, desde hai anos, unha guerra salvaxe contra o imperialismo e contra os seus proxies — Israel, as petromonarquias árabes e grupos xiadistas financiados e armados desde occidente —, resultado dunha campaña previa de satanización do goberno de Bashar al-Assad e do intento, falido, de colocar no país un goberno fantoche de maneira similar a como fixeron en Libia ou Exipto previamente.

Temos claro, polo tanto, que o conflito político-militar na Síria é, esencialmente, o conflito dun pobo e o seu goberno lexítimo contra o imperialismo e os intereses do capitalismo transnacional. E, xa que logo, levamos desde a criazón da nosa propia organización, a denunciar esta situación como parte dun dos piares fundamentais do noso traballo: a denuncia do imperialismo alá onde se manifesta.

Load More Posts