Chamamento de organizacións e entidades galegas á
Manifestación Nacional

Galiza con Palestina

2 anos de xenocidio, 77 anos de ocupación

Domingo 5 de outubro ás 12h na Alameda de Compostela

Cando se cumpren 2 anos de xenocidio do pobo palestino en Gaza e van xa 77 anos de ocupación da Palestina coa complicidade dos aliados sionistas e a ausencia de medidas por parte da comunidade internacional, as entidades asinantes:

  1. Denunciamos as criminais accións militares iniciadas o 7 de outubro de 2023 polo Estado sionista de Israel, principalmente na Faixa de Gaza, mais tamén no resto dos territorios ocupados da Palestina. Coa mesma rotundidade denunciamos o crime da ocupación ilegal de terras e desprazamento forzoso da poboación palestina que dá orixe mesma ao Estado de Israel.
  2. Exiximos un cesar fogo inmediato que implique a retirada das tropas israelitas despregadas na Faixa de Gaza, e a inmediata abertura de corredores seguros para a axuda humanitaria.
  3. Exiximos unha investigación exhaustiva do xenocidio e dos crimes contra a humanidade cometidos por Israel e o resto de responsábeis directos que permitiron e colaboraron nesta barbaridade.
  4. Condenamos a complicidade da Unión Europea e dos seus membros cos intereses do sionismo, e manifestamos a nosa repulsa polo feito de que, tras dous anos de xenocidio, as lideranzas europeas só recentemente comezasen a rexeitar a inhumanidade de Israel de maneira tan morna e aínda sen efectos prácticos.
  5. Exiximos da Unión Europea a revocación das relacións preferentes con Israel. Todos os acordos bilaterais deben ser cancelados inmediatamente.
  6. Exiximos do Estado español que, máis alá das palabras, efectivice a ruptura de relacións diplomáticas, comerciais e militares cos xenocidas, e aposte de maneira decidida por dotar o recoñecemento do Estado Palestino de implicacións prácticas e inmediatas.
  7. Exiximos da Xunta de Galiza que deixe de se pór de perfil e tome postura clara na defensa da legalidade internacional, e que cancele todas as relacións bilaterais que mantén, ás agachadas, cos xenocidas.
  8. Exiximos a aplicación do dereito internacional, en particular a aplicación do dereito de autodeterminación dos pobos, en toda a Palestina, do río Xordán ao mar Mediterráneo, garantindo o dereito ao retorno de todas as persoas refuxiadas. Urxe parar o xenocidio, mais tamén impedir que Israel poida continuar a roubar terras, desprazar poboación local, aplicar estruturas sociais de apartheid e hostigar todo un pobo.

Por todo isto, chamamos a participar na manifestación nacional e a encher as rúas de Compostela o próximo 5 de outubro coa solidariedade galega a denunciar o xenocidio en Gaza e exixir o fin ocupación da Palestina.
Galiza con Palestina.

— Apoia!

Se participas dunha organización ou entidade e queredes expresar o voso apoio, asina aquí

Os apoios faránse públicos unha vez validados na lista a continuación.

— Listaxe de apoios

  • A Mesa pola Normalización Lingüística
  • A Morada, Sociedade Cooperativa Galega
  • Activistas Galegas Antiespecistas (AGA)
  • Agrupación Cultural O Facho
  • Amigas da Terra
  • Anova – Irmandade Nacionalista
  • Anticapitalistas Galiza
  • Asemblea de Investigadoras de Compostela (AIC)
  • Asemblea de Profesorado da EOI Compostela
  • Asemblea Republicana de Vigo
  • Asociación Abeiro
  • Asociación Azos Feministas
  • Asociación Breizh Galiza
  • Asociación Cultural A Esfarna do Ribeiro
  • Asociación Cultural A Rebusca de Manzaneda
  • Asociación Cultural A Xacia
  • Asociación Cultural Alexandre Bóveda
  • Asociación Cultural As da Industria
  • Asociación Cultural Avantar
  • Asociación Cultural e de Cooperación Internacional Pallasos en Rebeldía
  • Asociación Cultural Eira Vella de Betanzos
  • Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo (Sada)
  • Asociación Cultural Libre de Paderne Roxín Roxal
  • Asociación Cultural O Naranxo
  • Asociación Cultural Torna-Xeira
  • Asociación de Actores e Actrices de Galicia
  • Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil
  • Asociación de Amizade Galiza-Vietnam
  • Asociación de Dano Cerebral de Compostela
  • Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega
  • Asociación de Mulleres Cristiás Galegas Exeria
  • Asociación de Profesionais das Artes do Movemento de Galiza (PAM)
  • Asociación Galaico-Árabe Jenín
  • Asociación Galega de Profesionais da Criminoloxía
  • Asociación Galego Bolivariana Hugo Chávez (AGABO)
  • Asociación Mar de Fábula
  • Asociación Músicas ao Vivo
  • Asociación Os Lactouros
  • Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA)
  • Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR)
  • Asociación Salvemos Catasós
  • Asociación Xuvenil e Cultural Itaca
  • Associaçom José Afonso – Galiza
  • Avante LGBT+
  • Baixo Miño con Palestina
  • BAMAD Galicia
  • Bancada Vermella
  • BDS Galiza
  • Biguesas
  • Bloque Nacionalista Galego (BNG)
  • Casa Niño O Bicarelo
  • Central Unitaria de Traballadoras (CUT)
  • Centro de Saúde da Guarda
  • Centro Social A Desviada
  • Centro Social A Galleira
  • Centro Social A Gentalha do Pichel
  • Centro Social Artábria
  • Centro Social Fuscalho
  • Centro Social Gomes Gaioso
  • Centro Social Xebra
  • CIDEL Galicia
  • Colectivo Carballas
  • Colectivo Ecoloxista do Salnés (CES)
  • Colectivo Terra Pontedeume
  • Colectivo Veciñal O Val Miñor Apoia Palestina
  • Colectivo Vermut de Monforte
  • Colectivos Cidadáns pola Renda Básica
  • Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG)
  • Comadres das Letras
  • Comisión de Festas do Barrio de San Pedro
  • Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña
  • Comité Anti-OTAN de Compostela
  • Comité Anti-OTAN de Lugo
  • Comité Antifascista da Lourinha
  • Comité pola Memória Histórica do Val do Límia
  • Compañía VACAburra
  • Compostela Non Monógama
  • Compostela por Palestina
  • Comunidade Cristiá Vangarda Obreira da Coruña
  • Comunidade Saharauí en Galiza
  • Comunismo Revolucionário Galego
  • Confederación de ANPAS Galegas
  • Confederación Intersindical Galega (CIG)
  • Conxenia
    C.U.D. Unión Guardesa
  • Culturactiva, Sociedade Cooperativa Galega
  • Damadriña Producións
  • Do Courel a Palestina
  • Docentes con Palestina
  • Ecoloxistas en Acción
  • Ecoloxistas Sarria Atlántica e Verde
  • Encontro Galego contra a OTAN
  • Erguer – Estudantes da Galiza
  • Escolas de Ensino Galego Semente
  • Espazo de Encontro de Crentes Galeg@s
  • FEANPAS
  • Federación de A.V. Eduardo Chao de Vigo
  • Federación Ecoloxista Galega
  • Festival NocedaRock
  • FOANPAS
  • Foro Galego de Inmigración
  • Foro Socioeducativo As Ninguéns
  • Fundación Galiza Sempre
  • Fundación Moncho Reboiras
  • Galiza Nova
  • Galiza por Palestina
  • Greenpeace
  • Gróvias Futebol Gaélico
  • Instituto Agrario Mártires de Sobredo
  • Insubmisas contra o Rearmamento – Galiza
  • Intifada Cultural GZ
  • Isca!
  • Leirar na Leira Sociedade Cooperativa Galega
  • Lucenza – Ateneo de Nigrán
  • Mar de Lumes – Comité Galego de Solidariedade Internacionalista
  • Marcha Mundial das Mulleres – Galiza
  • Mastodon.gal
  • Mexas Antirracistas Galicia
  • Mocidade Galega pola Memoria
  • Movemento Arredista
  • Movemento Galego da Saúde Mental
  • Movemento Galego en Defensa das Pensións e os Servizos Públicos (MODEPEN)
  • Movemento Global para Gaza – Galiza
  • Mulheres Nacionalistas Galegas
  • Piruchela Colectivo
  • Plataforma Cidadá Touradas Fóra de Pontevedra
  • Plataforma Galega para a Defensa Animal e da Natureza
  • Plataforma Galega Vivenda Xa!
  • Plataforma Non á Balsa Cornanda-Tambre
  • Plataforma Veciñal Mina de Touro O Pino Non
  • Redondela x Palestina
  • Riazor Blues
  • Sanidade Galega con Palestina
  • Santuario Animal Vacaloura
  • Sección Xuvenil de Arelas
  • Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza (STEG)
  • Sociedade Cultural e Desportiva do Condado
  • Turonia GFG
  • Unión da Mocidade Galega (UMG)
  • Unión de Asociacións Islámicas de Galicia
  • Unión do Povo Galego (UPG)
  • Verdegaia
  • Vía Galega
  • Xarda Sociedade Cooperativa Galega
  • Xubilados e Xubiladas pola Paz
  • Antón Ke
  • Dakidarría
  • Falperrys
  • García MC
  • Guadi Galego
  • Hugo Guezeta
  • Latexo Percusión
  • Loita Amada
  • Jásper
  • Malvela
  • Milocho Festicultores
  • Orquestra Bravú Xangai
  • Os Vacalouras
  • Peter Petrowski
  • Pulpiño Viascón
  • Raiba
  • Ruxe Ruxe
  • Seitura
  • Tiro na Testa
  • Uxía
  • Xarope Tulú
  • Xenderal
  • Xurxo Souto
  • Youcanthide
  • Zënzar