40 anos da Frente Polisario

O mes pasado, a Frente Polisario fixo 40 anos da súa fundación e do inicio das accións armadas polo direito do povo saaraui á súa autodeterminación. Desde Mar de Lumes — Comité Galego de Solidariedade Internacionalista queremos somar o noso grao de area á loita saaraui e o noso recoñecemento a este pobo en loita pola súa soberanía plena e á ferramenta de que se ten dotado a si propio: a Frente Polisario. 
Con este motivo, algunhas pontes do país exiben faixas conmemorativas que chaman a atención non só para o aniversario, como, sobre todo, para a situación daquel país ocupado hoxe por Marrocos e antes, como o noso, por España. [Ler especial sobre o Saara]

Partilla

Share on facebook
Share on twitter
Share on telegram
Share on whatsapp
Share on email

Subscríbete ao noso boletín internacionalista