O que falta por saber é cal será o momento en que a maquinaria de guerra occidental entrará definitivamente en funcionamento, despois de meses apoiando loxisticamente os autoproclamados «rebeldes» en connivencia con Israel, Arabia Saudita e Catar. Do que non cabe dúbida é de que a decisión está tomada e que salvo que a presión no sentido contrario sexa a suficiente, ese ataque imperialista se producirá máis cedo que tarde. Non hai mais que ver a tomada de posicións que están realizando
Por iso, de Mar de Lumes, entendemos fundamental manter con mais razón aínda as convocatorias de concentracións solidarias co pobo sirio e de repulsa ao imperialismo que están xa convocadas na Coruña, Compostela e Pontevedra e participar con mais intensidade nas asembleas que se están organizando de cara a concretar os actos de repulsa en Vigo, Lugo e outras cidades do país.
Estas son, polo momento, as accións programadas.
- A Coruña. Luns 2, 20h30. Praza de Ourense. Concentración.
- Compostela. Luns 2, 20h30. Praza do Toural. Concentración.
- Foz. Luns 2, 20h30. Praza do Concello. Concentración.
- Pontevedra. Luns 2, 20h30. Praza da Peregrina. Concentración.