O Estado Español xoga xa á desesperada, pois sabe que pola vía da represión non poderá frear o movemento popular basco. Detendo e xulgando militantes só por desenvolveren traballo político e solidario, como neste caso, España demostra que non ten interese nun marco de paz e normalidade política, pois teme o avance democrático das posicións políticas en favor do dereito a decidir e a independencia, que xa en Cataluña desbordan as estreitas marxes da constitución e o rexime pós-franquista.
Feitos como os do luns demostran que falta moito ainda para que chegue a paz a Euskal Herria, e o estado non está disposto a dar pasos nese sentido, máis ben ao contrario. Consciente da súa derrota, tentará atrasar o máximo posíbel a chegada dun escenario que os pasos unilaterais dados pola esquerda abertzale e o conxunto do movemento de liberación nacional e social vasco van facer chegar máis cedo que tarde: o pleno respeito dos dereitos humanos para todas as persoas (tamén as que ainda están presas) e o pleno exercicio do dereito colectivo a decidir o propio futuro en liberdade e sen imposicións de ningún tipo.
Nese proceso, o pobo basco contará con toda a solidariedade das galegas e galegos que sentimos como propia calquera loita en favor da soberanía e da xustiza social, particularmente próxima no caso de Euskal Herria, pois os nosos inimigos son comúns.
Polos dereitos d@s pres@s.
Pola resolución do conflito.
Non máis represión contra o pobo basco.
Solidariedade con Herrira!