Editado o Golpe de Leme de Hugo Chávez

Que Hugo Chávez é unha figura esencial do antiimperialismo e da soberanía non hai quen o discuta. Tampouco que esa importancia se estende a moitos outros aspectos, para facer del un personaxe global, e un fito referencial en toda a historia do fin do século XX e comezos do século XXI. 
No primeiro aniversario da súa morte, Mar de Lumes – Comité Galego de Solidariedade Internacionalista edita, xunto con Contrapoder.info o Golpe de Leme, que é considerado o seu «texto-legado», un texto non escrito, senón falado — e despois transcrito — que contén as chaves do novo ciclo do proceso bolivariano e unha chamada á autocrítica inspiradora e chea de realismo. 

Partilla

Share on facebook
Share on twitter
Share on telegram
Share on whatsapp
Share on email

Subscríbete ao noso boletín internacionalista