
Desde Mar de Lumes — Comité Galego de Solidariedade Internacionalista consideramos que é de xustiza recoñecer e conmemorar o paso adiante do povo portugués naquela altura e é para iso que temos preparado a nosa propria celebración. Nela, contaremos cun daqueles capitáns revolucionarios, o Coronel Manuel Duran Clemente, de orixe galega, que tivo un papel protagónico nos acontecementos do 25 de abril ao e tamén no 25 de novembro de 1975, cando era o encarregado de explicar, a través da Radio Televisão de Portugal, os motivos que levaron o MFA á insurrección e a posición das forzas armadas a respeito da traizón que se estaba a cometer. Naquela altura, a emisión foi cortada por axentes adeptos ás forzas da direita e as explicacións quedaron interrompidas. Este 29 de abril, 40 anos máis tarde, Duran Clemente explicará os motivos, o desenvolvemento e as conclusións da Revolução dos Cravos.
O acto de conmemoración do 40 aniversario será o 29 de abril, ás 19h30, na aula 16 da Faculdade de Belas Artes de Pontevedra, coa palestra Un capitán galego en Abril de Duran Clemente, e continuará cunha cea-convivio no Restaurante Rúas na que participará o propio Coronel e tamén o cantautor Xosé Constenla.
+ Evento en Facebook.
+ Difunde en Twitter.
PS: Para acudires á cea de confraternidade (16 euros) é necesario realizar reserva no enderezo electrónico de Mar de Lumes (mardelumes@gmail.com) ou no telefone 659 260 485, dado que as prazas son limitadas.