Hai unhas horas, a Arca de Gaza, o barco que pretendía saír de Gaza con produtos palestinianos para quebrar o bloqueo e evidenciar ao mundo a política xenocida do sionismo israelita, foi atacado e afundido parcialmente pola parte da popa.
Con este ataque á bomba, Israel pretende demostrar a inviolabilidade do bloqueo económico que impón sobre Palestina e, ao mesmo tempo, paralisar a reclamación popular a favor do fin dese bloqueo que ía ser enviada ás Nacións Unidas por iniciativa da Coalición da Flota da Liberade, da que fan parte intelectuais e activistas sociais de todo o planeta, tamén da Galiza.
A posición do povo palestiniano, porén, continúa inamobíbel. “Nen este nen calquera outro ataque ha deter os nosos esforzos por desafiar o bloqueo de Gaza até que termine”, sinalaba David Heap, do comité directivo do proxecto. “Pódese afundir un barco, mais non unha acción civil”, completa Ehab Lotayef.
Desde a Galiza, diversas organizacións sociais que tiñan realizado pedidos de produtos manufaturados en Gaza cun sentido simbólico, entre as cales BDS-Galiza, CIG, CNT, EsCULcA, FRUGA e STEG, están xa a valorar a posibilidade de efectuar reclamacións coordenadamente con outras organizacións solidarias internacionais.