Israel declara Galiza “inimiga”

É certo que a solidariedade internacional serve e ten consecuencias directas. A última, a protesta desproporcionada do embaixador de Israel no Estado español, Alon Bar (na foto), após o Parlamento de Galiza, soberanamente, ter feita pública unha declaración institucional en que insta o propio Israel a cumprir as resolucións das Nacións Unidas, precisamente co gallo do chamado “día da independencia” de Israel.

A declaración, favorecida polo traballo da campaña BDS-Galiza, de cuxo traballo non só o internacionalismo senón todas as persoas deberíamos orgullarnos, fixo que Israel declarase Galiza como “un dos piores e máis extremistas inimigos de Israel”.

A resposta de Israel, alén de ridícula, podería parecer ousada. Na realidade, o que fai e transparecer o verdadeiro carácter do sionismo, que non admite críticas e que ao mesmo tempo que executa unha longa estratexia de limpeza étnica contra o pobo da Palestina se permite o luxo de ir declarando inimigos á toa e de se entrometer na política interna doutras nacións — exactamente igual que fai coa vida das persoas que se declaran anti-sionistas — tal como exixe a súa concepción instrumental e profesionalizada do vitimismo.

Provabelmente o Parlamento de Galiza sexa o primeiro en toda a Europa a facer declaracións semellantes. E xa non é a primeira vez. Demostra que, no simbólico, tamén a solidariedade ofrece camiño para percorrer.

+ Declaración institucional do Parlamento de Galiza.
+ Carta de reprobación do embaixador de Israel no EE.
+ Especial Palestina de Mar de Lumes.

Partilla

Share on facebook
Share on twitter
Share on telegram
Share on whatsapp
Share on email

Subscríbete ao noso boletín internacionalista