Arseniy Yatsenyuk, primeiro ministro da Xunta fascista que goberna en Kiev |
Desde o golpe de estado de febreiro, o goberno títere de Kiev desatou unha feroz campaña represiva contra milleiros de persoas, contando coa participación dun novo actor, a extrema dereita. Proba desta nova unión entre fascismo e capital é a colaboración conxunta das Forzas Armadas coas milicias da Garda Nacional representada polas organizacións “Praviy Sektor” e “Svoboda”. O masacre de Odessa ou a dura represión en cidades como Kharkov e Slaviansk fainos voltar a ollar atrás na historia, rememorando os tristes acontecementos acaecidos no rexime hitleriano.
Desde a nosa organización queremos destacar o papel xogado polo imperialismo nos movementos surxidos da praza Maidán, actuando neles claros intereses económicos e xeoestratéxicos que levaron o fascismo e o nazismo a posicións hexemónicas. Após estas pretendas revoltas populares e democráticas vese o longo brazo da alianza EUA-UE que, para tentar tirar a Ucraína da influencia rusa, non dubida en armar e financiar o nazifascismo, en apoialo mediaticamente ou en se aliar con el.
Mar de Lumes — Comité Galego de Solidariedade Internacionalista fai un chamamento a clase traballadora a exercer a máis ampla solidariedade co antifascismo ucraniano. A loita contra a besta fascista implica combater en todos os seus aspectos o capitalismo e as alianzas imperialistas que o promoven e sosteñen.
Non son pro-rusos, son antifascistas!
Galiza-Ucraína solidariedade!
Non pasarán!
Este 28 de xuño, participa connosco na Xornada Antifascista e Internacionalista!