Galiza con Escocia: un si á independencia dos pobos!

O 25 de xullo, a data en que a Galiza celebra o seu Día da Patria, un grupo de militantes de Mar de Lumes en colaboración coa delegación da Solidarity with Scotland International Campaign deslocada á Galiza e contando tamén coa presenza de Tasmina Sheikh, deputada do SNP (Partido Nacionalista Escocés), organizamos unha grande fotografía colectiva de apoio ao “si” no referendo escocés de independencia que se celebrará o 18 de setembro.
Quen quer a independencia do seu pobo non pode querer outra cousa para os outros. E en Mar de Lumes somos firmes defensores do dereito de cada pobo á súa autodeterminación e, evidentemente, á súa plena independencia de poderes e intereses alleos. Saor Alba Gu Brath!

Partilla

Share on facebook
Share on twitter
Share on telegram
Share on whatsapp
Share on email

Subscríbete ao noso boletín internacionalista