Roger Castellanos: “O proceso catalán non o lideran as elites, senón o povo. É unha aposta popular”

| Un momento da intervención do Roger Castellanos no Silveira Casa de Xantar

Onte, 11 de outubro, un mes despois da histórica demostración do V catalán en Barcelona e do V simbólico realizado en Compostela pola Plataforma Galiza con Catalunya, organizamos unha palestra en Compostela para que Roger Castellanos, do Moviment Defensa de la Terra (MDT) e das Candidatures d’Unitat Popular (CUP) explicase de onde parte a situación actual en Catalunya, a onde quer chegar o independentismo e o modo como o pensa facer.

Diante dunha vintena de asistentes, Roger Castellanos fixo un breve repaso do movimento de resistencia protonacional e nacional catalán ao dominio español e tamén sobre a transformación desa fase de resistencia nunha fase de avance, de maneira moi clara após o recorte do Estatut e a sistemática negación dos últimos gobernos españois a calquera avance no autogoberno e na soberanía catalá.

Ademais, ilustrou como a situación en Catalunya hoxe non depende xa das elites económicas nen dos seus correlatos políticos (principalmente CiU), senón que de maneira cada vez máis clara, ten sido o pobo, a través de organizacións civís como Òmnium Cultural ou como a Assemblea Nacional Catalana ás que os partidos se teñen acoplado e teñen apoiado despois, o que ten liderado o avance independentista unha vez verificado que o Estado español non está interesado en calquera tipo de acoplamento catalán, senón na súa asimilación e uniformización plena. Sen dúbida, unha importante lección tamén para Galiza.

Partilla

Share on facebook
Share on twitter
Share on telegram
Share on whatsapp
Share on email

Subscríbete ao noso boletín internacionalista