As “revolucións de cores” ao servizo do capital, analisadas en Vigo

Mar de Lumes continúa a súa actividade de caracterización dos axentes que actúan no plano internacional e das técnicas de inxerencia no mundo, desta vez mediante unha palestra sobre as denominadas “revolucións de cores” que correu a cargo do activista da nosa organización Óscar Valadares.

Durante a palestra, identificáronse os obxectivos desas denominadas “revolucións”, desde a do bulldozer en Serbia, en 2000, até o último intento, realizado este mesmo 2014 en Hong Kong, na China. Presentouse tamén o modus operandi deste tipo de procesos sociais e as súas ligazóns económicas con estruturas imperialistas como a NED, o IRI ou a USAID, e falouse da necesidade de o imperialismo proceder por vías indirectas como esta para xustificar posteriormente intervencións máis directas, mesmo por vías militares.

Partilla

Share on facebook
Share on twitter
Share on telegram
Share on whatsapp
Share on email

Subscríbete ao noso boletín internacionalista