O pobo maorí é un dos grandes esquecidos do internacionalismo. Practicamente arrasado pola colonización europea de Aotearoa — rebautizada polos colonos como Nova Zelandia — e convertido moitas veces en puro reclamo turístico ao modo doutros pobos orixinarios, o moderno soberanismo maorí critica o eurocentrismo e traballa pola supervivencia da súa rica cultura, en perigo de desaparición.

Este 3 de febreiro, antecipándonos ao día nacional maorí (4 de febreiro), desde Mar de Lumes tivemos a posibilidade de contar con Ruth Rodríguez, acabada de chegar da Nova Zelandia, para nos contar o que o pobo maorí está a enfrentar na súa propia terra.