A denegación do asilo político a Hassanna Aalia significa, incontornabelmente, a efectivización da cadea perpetua nunha prisión marroquina, onde alén de pagar por un crime que non existe, o único que terá garantido será a violación sistemática dos seus direitos como preso político. Por iso, desde Mar de Lumes, como organización antiimperialista e de apoio aos procesos de emancipación nacional, non podemos ficar de brazos cruzados nen coas mans caídas. Denunciamos a cómplice política exterior do Estado español, sempre manso e dócil cos grandes poderes imperialistas, e implacábel e sádico cos povos sen Estado. Non é a primeira vez, nen moito menos, que Madrid cumpre o papel de sicario ao servizo dos intereses do grande capital, que pasan claramente por impedir a existencia dunha RASD libre e en paz para poder continuar a explotar os seus recursos. E o noso traballo consiste en denuncialo.