Obama, derroga o decreto xa!

Onte, 7 de abril, varias organizacions da solidariedade internacionalista e doutros ámbitos fixemos entrega no consulado de Venezuela de máis de 1300 asinaturas exixindo a derrogación do decreto inxerencista aprovado polo presidente dos Estados Unidos, Barack Obama, declarando Venezuela como unha ameaza.

Mar de Lumes – Comité Galego de Solidariedade Internacionalista participou tamén desta actividade, da man da Asociación Galego Bolivariana Hugo Chávez (AGABO), cuxo presidente Alfonso Martínez, declaraba no acto de entrega: “Hoxe estamos aquí, consignando estes libros coas asinaturas de persoas que rexeitan o decreto anunciado por Obama e que exixen que sexa derrogado inmediatamente. Queremos que sexan enviadas a Venezuela para que poidan sumarse ás outras que se teñen recollido noutras partes do mundo. Os Estados Unidos da América deben entender que o mundo cambiou e que debe repensar a súa política. Xa abonda de tanto atropelo contra os povos”.

De Mar de Lumes saudamos a solidariedade das persoas que teñen participado, tanto coa súa asinatura como no traballo de difusión da iniciativa, conseguindo ceivarse das cadeas da intoxicación mediática promovida, no noso país, polos grandes medios estatais, con evidentes intereses económicos e políticos na Venezuela e no conxunto da América Latina. Esas asinaturas xúntanse agora aos máis de 8 millóns recollidas en Venezuela e aos milleiros e milleiros delas recollidas noutros países do mundo. Xuntas conforman o berro unánime do antiimperialismo nestes momentos: Obama, derroga o decreto xa!

**Accede aquí ao Comunidado de Mar de Lumes Venezuela é a esperanza dos povos.

Subscrebe a nosa axenda solidaria!

Partilla

Share on facebook
Share on twitter
Share on telegram
Share on whatsapp
Share on email

Subscríbete ao noso boletín internacionalista