No dobre acto, celebrado en Compostela e en Vigo, interviron os xornalistas José Emílio Vicente e Olalla Rodil xunto co xornalista portugués Bruno Carvalho, que acabado de chegar da Venezuela mostrou tamén en primicia unha premontaxe do documentario que están a preparar sobre a comunicación popular na República Bolivariana, aínda inédito, baixo o título Venezula: um povo que fala. Entre os máis de cento vinte asistentes entre ambas as palestras estivo tamén a Cónsul Xeral da Venezuela en Galiza, Mónica Alejandra Sánchez Morles, que participou durante quenda de intervencións do público.
Estes actos enmárcanse na campaña que Mar de Lumes está a desenvolver contra a manipulación informativa en Venezuela, nun momento de especial relevancia de toda a información que é difundida sobre o país, e tamén nun momento de tensión derivada das agresións de carácter imperialista que enfrenta o goberno bolivariano.