Esta madrugada, o barco Marianne que navegaba rumbo a Gaza para romper o criminal bloqueo sionista sobre esta faixa palestinana que dura xa 8 anos, foi asaltado por militares israelitas cando se encontraba en augas internacionais, a poucas millas do seu obxectivo. Os membros da tripulación foron entón conducidos ao cárcere militar de Ashdod, onde segundo informa o Ministerio de Asuntos Exteriores do Estado español, permanecen detidos e, polo momento, sen poderen receber asistencia consular.
No barco, viaxaban no momento do asalto, varias militantes do Estado español e a europarlamentaria Ana Miranda, ademais de activistas como Moncef Marzouki, Robert Lovelace, Kajsa Ekis Ekman, Mohammed El Bakkali, e outras. En resposta a esta agresión que só pode ser caracterizada como pirataría de Estado, mais que se insere nas coordenadas do imperialismo e da permanente agresión sionista contra o povo da Palestina, chamamos a todas as persoas a participar nas concentracións que se están a convocar en rexime de autoconvocatoria urxente nas seguintes cidades: