Galiza coa República catalá!

[fusion_builder_container hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” menu_anchor=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” background_color=”” background_image=”” background_position=”center center” background_repeat=”no-repeat” fade=”no” background_parallax=”none” parallax_speed=”0.3″ video_mp4=”” video_webm=”” video_ogv=”” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_loop=”yes” video_mute=”yes” overlay_color=”” video_preview_image=”” border_size=”” border_color=”” border_style=”solid” padding_top=”” padding_bottom=”” padding_left=”” padding_right=””][fusion_builder_row][fusion_builder_column type=”2_3″ layout=”2_3″ spacing=”” center_content=”no” link=”” target=”_self” min_height=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” background_color=”” background_image=”” background_position=”left top” background_repeat=”no-repeat” hover_type=”none” border_size=”0″ border_color=”” border_style=”solid” border_position=”all” animation_type=”” animation_direction=”left” animation_speed=”0.3″ animation_offset=”” last=”no”][fusion_title margin_top=”” margin_bottom=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” size=”2″ content_align=”left” style_type=”none” sep_color=””]

Galiza coa República catalá!

[/fusion_title][fusion_separator style_type=”none” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” sep_color=”” top_margin=”” bottom_margin=”5%” border_size=”0″ icon=”” icon_circle=”” icon_circle_color=”” width=”” alignment=”center” /][fusion_images picture_size=”auto” hover_type=”none” autoplay=”yes” columns=”1″ column_spacing=”13″ scroll_items=”” show_nav=”yes” mouse_scroll=”no” border=”yes” lightbox=”no” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=””][fusion_image image=”https://mardelumes.org/wp-content/uploads/2015/11/bandeiras.jpg” image_id=”” link=”” linktarget=”_self” alt=”” /][/fusion_images][fusion_separator style_type=”none” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” sep_color=”” top_margin=”0%” bottom_margin=”5%” border_size=”0″ icon=”” icon_circle=”” icon_circle_color=”” width=”” alignment=”center” /][fusion_text]Mar de Lumes – Comité Galego de Solidariedade Internacionalista, como unha das organizacións promotoras da Plataforma Galiza con Catalunya, fai seu o seguinte manifesto e anima a todas as persoas a asinalo como mostra de apoio ao povo da Catalunya.

Galiza coa República catalá!

Segunda feira 9 de novembro de 2015 é unha data histórica para o pobo traballador catalán, mas tamén para o resto das nacións, como a Galiza, sometidas a opresión por España.

O Parlament autonómico da Cataluña aprobou por maioría unha resolución que declara solemnemente “o inicio do proceso de creación dun estado catalán independente en forma de república” e abre un proceso constituinte.

Esta lexítima decisión é resultado da acumulación de forzas populares nun longo proceso en que a maioría do pobo traballador catalán chegou á conclusión de que as mudanzas sociais só son posíbeis dotándose dun Estado propio, soberano e democrático, sen a tutela de poderes externos.

A independencia catalá está intrinsecamente vinculada à superación das políticas ultra-liberais, das receitas de austeridade e cortes sociais que os partidos do réxime español aplican contra as maiorías sociais.

O anexo da resolución promovida pola CUP e Junts pel Sí garante algúns dos dereitos fundamentais que fan parte do programa reivindicativo dos movementos sociais, das históricas bandeiras con que saímos à rúa durante tantos anos.

O dereito à vivenda, ao aborto libre e gratuíto, a unha sanidade e educación públicas, à defensa das liberdades e os dereitos colectivos, à erradicación da pobreza enerxética, a unha política aberta que posibilite o dereito ao refuxio, a resolver o problema da débeda desde unha perspectiva social, están claramente concretados no documento aprobado polo Parlament.

Perante esta decisión soberana e democrática, a engrenaxe administrativa e represiva española e o seu aparello de manipulación mediática están a preparar nos últimos meses à “opinión pública” para xustificar un golpe institucional.

A política de intimidación, ameaza e criminalización non se restrinxe ao ámbito retórico. España vai empregar todos as ferramentas represivas, a aplicar a constitución post-franquista do 78 para esmagar a vontade catalá de construír unha nova sociedade nun país libre e soberano.

Como galegas e galegos que traballamos pola liberdade da nosa Patria, sabemos mellor do que ninguén da importancia de podermos decidir libremente sobre o noso para avanzar como pobo e para podermos mellorar as condicións de vida das clases populares galegas. Tamém para nós, un futuro diferente depende de axirmos como nación de forma libre e soberana. Por iso, perante esta situación, as persoas e forzas políticas e sociais abaixo asinadas:

  1. Manifestamos o noso incondicional apoio á independencia de Cataluña.
  2. Transmitimos os nosos parabéns ao pobo catalán e ás súas organizacións políticas e sociais soberanistas pola decisión adoptada.
  3. Condenamos calquera medida represiva española destinada a imposibilitar unha República catalá.
  4. Convocamos o pobo galego para condenar os planos golpistas promovidos polos partidos do réxime e para saír ás rúas a condenarmos calquera tentativa de sufocar o seu dereito como pobo de conquistar a liberdade.

Galiza, 10 de novembro de 2015.


Assinantes iniciais: 
Ernesto Cañedo
Xosé Collazo
Pedro Cortegoso
Antón Escuredo
Mariola González
Igor Lugris
Susana Montesino
Carlos Morais
Teresa Moure
Néstor Rego
Oscar Valadares

Caso de querer aderir, tanto a título individual como membro dun colectivo, ou como organización, cubre o formulario.[/fusion_text][/fusion_builder_column][fusion_global id=”1644″][/fusion_builder_row][/fusion_builder_container]

Partilla

Share on facebook
Share on twitter
Share on telegram
Share on whatsapp
Share on email