Coa Revolución, contra a Lei de Impunidade e a inxerencia estranxeira en Venezuela

O pasado 19 de abril, no marco da xornada mundial de solidariedade coa Revolución Bolivariana, Mar de Lumes – Comité Galego de Solidariedade Internacionalista, xunto con outras setenta organizacións sociais e políticas galegas e do resto do Estado español, asinamos o manifesto que reproducimos a continuación:

MANIFESTO POLA VENEZUELA BOLIVARIANA
Xornada mundial de solidariedade coa Revolución Bolivariana

Diante da escalada das agresións imperialistas contra o pobo venezolano e o seu lexítimo goberno, encabezado polo Presidente Nicolás Maduro, as organizacións e colectivos de solidariedade coa Revolución Bolivariana estamos na tarefa de articular esforzos para levarmos adiante accións que sirvan para combater tal arremetida. Neste sentido incorporámonos ao chamado do Foro de São Paulo para que o 19 de abril sexa unha xornada mundial de solidariedade con Venezuela.

Neste proceso de agresión enmárcase a renovación da Orde Executiva ditada polo Presidente dos Estados Unidos de Norteamérica, Barack Obama, que insiste en declarar Venezuela como unha ameaza inusual e extraordinaria á seguridade nacional e á política externa dos Estados Unidos. A axenda de desestabilización chamada “Operación Venezuela Freedom-2”, asinada polo almirante Kurt Tidd, actual xefe do Comando Sur, datada en 25 de febreiro de 2016, deixa claro que non se contempla, na realidade, “saída eleitoral” ningunha contra o goberno de Nicolás Maduro. A saída, de concretarse, sería violenta.

No plano interior, esta axenda ten os seus axentes executores dentro da ultradereita golpista. Recentes asasinatos selectivos de dirixentes chavistas, intento de reactivación do terrorismo (guarimbas) que xa provocou o asasinato de dous policías e a recente aprobación, pola maioría opositora da Asemblea Nacional, da mal chamada “Lei de Amnistía” co apoio entusiasta, no Estado español, do Partido Popular, o PSOE e Cidadáns, así como de numerosas figuras políticas. Esta “Lei da Impunidade”, que xa foi declarada inconstitucional polo Tribunal Supremo de Xustiza de Venezuela, busca perdoar até 50 tipos de delitos cometidos “desde o 1 de xaneiro de 1999 e até a entrada en vigor da Lei”, é dicir, nos períodos de goberno de Hugo Chávez e de Nicolás Maduro, e sempre que se tivesen “cometido pola participación en manifestacións ou protestas” dirixidas “a mudar a orde institucional ou o goberno estabelecido”. As accións violentas cometidas a día de hoxe pola oposición, destinadas a derrocar o goberno, ficarían impunes. Mesmo delitos como o “tráfico de drogas de menor contía” ou “fraude, estafa e usura na construción de vivendas” están incluídas na lista.

Chamamos á denuncia internacional desta Lei da Impunidade, e esiximos que cese a inxerencia do goberno español contra Venezuela e a súa conivencia coa dereita golpista.

A guerra económica, mediática e política que sofre Venezuela non é illada. É parte do intento de restauración neoliberal que vive toda América Latina, con Brasil como outro dos escenarios de intervención.

1. Assemblea Bolivariana de Catalunya
2. Asociación Galego-Bolivariana Hugo Chávez
3. Círculo Bolivariano La Puebla
4. Comité de Solidaridad Internacionalista de Zaragoza
5. Iniciativa Solidaria Internacionalista- Burgos
6. Plataforma Bolivariana de Canarias
7. Plataforma Bolivariana de Madrid
8. Venezuela Aurrera: Plataforma Vasca de Solidaridad con la Revolución Bolivariana, compuesta por 28 colectivos: Alternatiba, Aralar, Arbol Euskal Herria, Askapena, Asodemuc, Bachue (Kolonbiako Errefuxiatuak Euskal Herrian), Cine de Base, Círculo Bolivariano “La Puebla”, Ernai, Euskadi-Cuba, Ezker Anitza-Izquierda Unida, Gazte Komunistak, Gazte Komunisten Batasuna (GKB), Giltza, Ikasle Abertzaleak, Ikasle Ekintza, Inti Kokone, IPES-GITE, LAB, Komite Internazionalistak, Marcha Patriótica Euskal Herrian (Colombia), Bakea eta Duintasuna, PCE-EPK, Resumen Latinoamericano, Revista “Encuentros”, Sodepaz Nafarroa, Sortu, Emigrados sin Fronteras.
9. Plataforma Canaria de Solidaridad con los Pueblos
10. Alternativa Nacionalista Canaria
11. Anova-irmandade Nacionalista
12. Asemblea Republicana
13. Asociación Cultural Guiniguada Comunicación-Radio Guiniguada
14. Asociación de Amizade Galego-cubana Francisco Villamil
15. Ateneo de Madrid
16. Ateneo Popular de Solidaridad entre los Pueblos
17. Bloque Nacionalista Galego (BNG)
18. Central Unitaria de Traballadores (CUT)
19. Colectivo Canario Siembra de Solidaridad con Guatemala
20. Colectivo 26 de Julio
21. Comité Canario de Solidaridad con los Pueblos
22. Confederación Intersindical Galega (CIG)
23. Coordinadora Estatal de Solidaridad con Cuba-Madrid
24. Esquerda Unida (EU)
25. Federación Sindical Obrera de Canarias (FSOC)
26. Frente Popular Galega (FGG)
27. Intersindical Canaria
28. Intersindical-Sindicato ferroviario
29. Isca!-Organización Xuvenil
30. Izquierda Castellana
31. Izquierda Republicana
32. Izquierda Unida
33. Mar de Lumes
34. Movemento Galego ao Socialismo (MGS)
35. Paraguay Resiste Madrid
36. Partido Comunista de Galicia (PCG)
37. Partido Comunista do Pobo Galego (PCPG)
38. Partido Comunista de los Pueblos de España
39. Plataforma de Solidaridad del Mediterráneo
40. Terra Liberada
41. Tiwizi
42. Unidad del Pueblo
43. Vía Democrática-Marruecos
44. Xuventude Comunista de Galicia

Partilla

Share on facebook
Share on twitter
Share on telegram
Share on whatsapp
Share on email

Subscríbete ao noso boletín internacionalista