Sempre coa Venezuela Bolivariana

Mar de Lumes, como organización internacionalista galega comprometida coa democracia e o goberno popular, asinou xunto con outras organizacións solidarias do noso país e tamén do Estado español, a seguinte

Declaración de apoio á Venezuela Bolivariana

As organizacións de solidariedade do Estado español, manifestamos o noso total respaldo ao pobo venezolano e ao seu lexítimo goberno, encabezado polo Presidente Nicolás Maduro, que resisten con exemplar tesón unha arremetida sen precedentes de agresións por parte da dereita internacional, empeñada en balde en acabar co proxecto emancipador legado por Hugo Chávez.

A manobra inxerencista do secretario xeral da Organización de Estados Americanos (OEA), Luis Almagro, ao servizo dos poderes imperiais, ao invocar a aplicación da “Carta Democrática” da OEA para Venezuela, puxo en clara evidencia a súa connivencia coa dereita reaccionaria e oligárquica transnacional, representada en Venezuela pola MUD, maioritaria na Asemblea Nacional, co único obxectivo de derrocar o goberno bolivariano.

Con todo, o feito de que a maioría dos países da rexión se opuxese á proposta de Almagro de cercar Venezuela apoiándose no parapeto da OEA, e apelar á vía do diálogo, pon en evidencia que a resistencia chavista en toda América Latina está máis viva ca nunca, e responderá sen dúbidas calquera novo intento de agresión, veña de onde viñer.

Non esquezamos que a OEA sempre exerceu o papel de “ministerio para Latinoamérica” dos distintos gobernos ianques, o “ministerio para o patio traseiro”, e profundamente relacionado co “comando Sur” e todos os seus tentáculos (CIA, DEA, NED, etc).

Non esquezamos tampouco que Cuba foi expulsada desta organización en 1962 por orde expresa de EEUU aducindo que a illa abrazara o camiño do Socialismo.

Somos conscientes de que as corporacións oligopólicas que administra o neoliberalismo e os seus esbirros de quenda establecidos nos EEUU e na Europa, seguirán no seu irresponsábel e criminal empeño de xerar un crecemento da presión interna contra Venezuela (coa guerra económica, a mediática, a psicolóxica, a violencia paramilitar, etc.), e promover unha intervención pola forza no país.

Trátase de toda unha arquitectura inxerencista na rexión que a través de diversas modalidades, derrocou os gobernos de Paraguai e Honduras, e máis recentemente impuxo a dereita tamén no Brasil e na Arxentina, dispostos agora todas elas a acabar co chavismo. Non o conseguirán.

Facemos un chamamento a todo o movemento de solidariedade coa Venezuela Bolivariana a responder a esta nova agresión. Unidos na loita podemos torcer os plans do imperialismo.

CHÁVEZ VIVE, A LOITA CONTINÚA!

Alternativa Nacionalista Canaria
ANOVA-Irmandade Nacionalista
Anticapitalistad Galicia
Asemblae Republicana de Vigo
Asociación Canaria Siembra
Asociación Cultural Iberoamericana Andrés Bello
Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil.
Asociación Galego Bolivariana Hugo Chávez
Asociación Galego-Bolivariana Hugo Chávez
Assemblea Bolivariana de Catalunya
Batallón Chávez Somos Todos
Bloque Nacionalista Galego (BNG)
Central Unitaria de Traballadores (CUT)
Círculo Bolivariano de La Puebla
Circulo Bolivariano La Puebla
Colectivo Sociocultural Soledad Barret
Comando Hugo Chávez Frías en España
Comité Bolivariano de Terassa
Comité Canario de Solidaridad con los Pueblos
Comité de Solidaridad Internacionalista de Zaragoza
Confederación Intersindical Galega (CIG)v Euskadi Cuba
Frente Popular Galega (FPG)
FSOC (Federación de Sindicatos Obreros de Canarias)
Fundación Federico Engels
Iniciativa Solidaria Internacionalista de Burgos
Intersindical Canaria
Intersindical Valenciana
ISCA- Organización Xuvenil
IZCA (Izquierda Castallana)
Izquierda Unida-IU
Mar de Lumes – Comité Galego de Solidariedade Internacionalista
Movemento Galego ao Socialismo (MGS)
Mujeres Nómadas Canarias
Paraguay Resiste en Madrid
Partido Comunista de España-PCE
Partido Comunista de Galicia (PCG)
Partido Comunista del Pobo Galego (PCPG)
Plataforma Bolivariana de Canarias
Plataforma Bolivariana de Solidaridad con Venezuela de Madrid
Plataforma de Solidaridad con los Pueblos del Mediterráneo
Plataforma Sin Banderas
Terra Liberada
Tiwizi-Solidaridad-Colectivo Internacionalista
Unidad del Pueblo
Vía Democrática de Marruecos
Xuventude Comunista (XC)

Partilla

Share on facebook
Share on twitter
Share on telegram
Share on whatsapp
Share on email

Subscríbete ao noso boletín internacionalista