Mar de Lumes celebra o seu quinto aniversario cun intenso programa de actividades internacionalistas en chave de país

[fusion_builder_container hundred_percent=”no” hundred_percent_height=”no” hundred_percent_height_scroll=”no” hundred_percent_height_center_content=”yes” equal_height_columns=”no” menu_anchor=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” background_color=”” background_image=”” background_position=”center center” background_repeat=”no-repeat” fade=”no” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ video_mp4=”” video_webm=”” video_ogv=”” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_loop=”yes” video_mute=”yes” video_preview_image=”” border_size=”” border_color=”” border_style=”solid”][fusion_builder_row][fusion_builder_column type=”1_1″ layout=”1_1″ spacing=”” center_content=”no” link=”” target=”_self” min_height=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” background_color=”” background_image=”” background_position=”left top” background_repeat=”no-repeat” hover_type=”none” border_size=”0″ border_color=”” border_style=”solid” border_position=”all” padding_top=”” padding_right=”” padding_bottom=”” padding_left=”” dimension_margin=”” animation_type=”” animation_direction=”left” animation_speed=”0.3″ animation_offset=”” last=”no”][/fusion_builder_column][/fusion_builder_row][/fusion_builder_container][fusion_builder_container hundred_percent=”no” hundred_percent_height=”no” hundred_percent_height_scroll=”no” hundred_percent_height_center_content=”yes” equal_height_columns=”no” menu_anchor=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” background_color=”” background_image=”” background_position=”center center” background_repeat=”no-repeat” fade=”no” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ video_mp4=”” video_webm=”” video_ogv=”” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_loop=”yes” video_mute=”yes” video_preview_image=”” border_size=”0″ border_color=”” border_style=”solid” margin_top=”” margin_bottom=”” padding_top=”” padding_right=”” padding_bottom=”” padding_left=””][fusion_builder_row][fusion_builder_column type=”2_3″ layout=”2_3″ spacing=”” center_content=”no” link=”” target=”_self” min_height=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” background_color=”” background_image=”” background_position=”left top” undefined=”” background_repeat=”no-repeat” hover_type=”none” border_size=”0″ border_color=”” border_style=”solid” border_position=”all” padding_top=”” padding_right=”” padding_bottom=”” padding_left=”” margin_top=”” margin_bottom=”” animation_type=”” animation_direction=”left” animation_speed=”0.3″ animation_offset=”” last=”no”][fusion_imageframe image_id=”2198″ max_width=”” style_type=”none” stylecolor=”” hover_type=”zoomout” bordersize=”” bordercolor=”” borderradius=”” align=”none” lightbox=”no” gallery_id=”” lightbox_image=”” alt=”” link=”” linktarget=”_self” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” animation_type=”” animation_direction=”left” animation_speed=”0.3″ animation_offset=””]https://mardelumes.org/wp-content/uploads/2018/05/5368cec61e-20140505-patxot-mar-de-lumes-034.jpg[/fusion_imageframe][fusion_separator style_type=”none” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” sep_color=”” top_margin=”” bottom_margin=”5%” border_size=”0″ icon=”” icon_circle=”” icon_circle_color=”” width=”” alignment=”center” /][fusion_title margin_top=”” margin_bottom=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” size=”2″ content_align=”left” style_type=”none” sep_color=””]

Mar de Lumes celebra o seu quinto aniversario cun intenso programa de actividades internacionalistas en chave de país

[/fusion_title][fusion_separator style_type=”none” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” sep_color=”” top_margin=”” bottom_margin=”5%” border_size=”0″ icon=”” icon_circle=”” icon_circle_color=”” width=”” alignment=”center” /][fusion_text columns=”” column_min_width=”” column_spacing=”” rule_style=”default” rule_size=”” rule_color=”” class=”” id=””]Neste mes de maio, o Comité Galego de Solidariedade Internacionalista Mar de Lumes cumpre cinco anos de traballo no campo do internacionalismo. Neste tempo, foron máis de 200 as actividades e campañas organizadas, tanto en solitario polo propio Comité como de mans dadas con outras organizacións do campo da solidariedade e do tecido social e político galego. Palestras, mesas redondas, videoforos, concentracións e manifestacións públicas, campañas de axitación na rúa, festas, misións de observación internacional, etc., complétanse, así, coa participación e o impulso de plataformas plurais para dar resposta en chave de país a conflitos tan diversos como as guerras imperialistas ou o proceso político catalán.

Cartaz do 5º Aniversário
Preme para alargar

Para celebrar este tempo de traballo, Mar de Lumes despregará nas próximas semanas un ambicioso programa de actividades que de aquí a mediados de xuño traerá a diferentes partes do país máis dunha ducia de palestras, diversos encontros con representantes doutros países, axitación gráfica, concertos, etc. Trátase de facer un repaso, en absoluto exaustivo, das loitas sociais ás que o Comité se ten achegado nestes cinco anos.

As primeiras actividades deste quinto aniversario comezaron coa presenza do activista político e social hondureño Jairo Velásquez en Pontevedra e Lugo, onde fala sobre a realidade do seu país desde o golpe de Estado que depuxo o presidente Manuel Zelaya e instalou un goberno títere até as últimas protestas masivas nas rúas pola fraude eleitoral coa que o goberno de Juan Orlando Hernández pretende manterse no poder e impedir o acceso da coalición progresista que gañou as eleccións de Novembro pasado.

A continuación, será a vez de Pablo González, militante de Jaleo!, que o día 15 de maio en Vigo colocará acima da mesa a actualidade de Andalucía, un pobo deliberadamente esquecido e relegado dentro do proxecto homoxenizador español. A palestra a cargo de Pablo González coincidirá co primeiro dos actos sobre Euskal Herria, que traerán a Galiza Izaskun Goienetxea, activista basca de Askapena — a organización internacionalista basca que leva máis de 30 anos a traballar no mesmo campo de Mar de Lumes. Goienetxea estará, pois, o 15 de maio en Ourense e ao día seguinte, 16, en Compostela. Esa semana tamén está previsto que Mar de Lumes lance unha campaña axitativa na rúa en apoio á Revolución Bolivariana, que enfronta unha nova vaga de ataques debido á inminencia das eleccións.

A semana seguinte chegará á Galiza unha das convidadas centrais deste aniversario de Mar de Lumes: Leila Khaled, unha das líderes da resistencia palestiniana, que se tornou referencial na década de 1970 ao levar adiante accións que conseguiron colocar no centro da escena internacional a situación que vivía — e aínda vive — o pobo da Palestina. Leila Khaled falará na Coruña o 23, en Lugo o 24 e en Vigo o 25 de maio sobre a loita contra a ocupación israelita, contra o sionismo e contra o apartheid, así como sobre o papel que o imperialismo reserva aos pobos árabes e a necesidade de subverter a orde que este pretende impór.

A continuación, será a vez de Raúl Rodríguez, Director de Centro de Estudos Hemisféricos e sobre EEUU (CEHSEU) da Universidade da Habana, que falará o día 28 en Vigo sobre a actualidade de Cuba, que baixo a nova Presidencia de Díaz Canel, enfrenta unha nova fase agresiva por parte dos Estados Unidos baixo o mandato de Donald Trump.

Inmediatamente, será a vez de Mireia Boya, ex-deputada do Parlament de Catalunya pola CUP e imputada pola Audiencia Nacional española pola declaración unilateral de independencia, que virá a Compostela e Ferrol o 29 e 30 de maio a analisar a situación do proceso político catalán, as súas dificultades, a activación de todos os resortes do Estado español para prohibir o exercicio do dereito de autodeterminación no seu país e as perspectivas de superar o bloqueo do 155 e recuperar a fase ofensiva e de ruptura democrática iniciada pola sociedade catalá.

A primeira semana de xuño, Mar de Lumes volverá fixar o foco sobre o Oriente Medio, da man de Pablo Sapag, profesor de comunicación social que vén de publicar un ensaio sobre a situación na Siria, e que tratará os pormenores dun dos conflitos a que Mar de Lumes ten prestado máis atención desde o inicio das súas actividades, hai cinco anos. Sapag estará o 8 de xuño en Pontevedra e o 9 en Lugo. Ese mesmo día 9, haberá unha homenaxe a Samuel Prada — Baran Galiza — no seu concello natal, Barbadás, para lembrar a loita internacional contra o Daesh e o resto de organizacións terroristas financiadas polo imperialismo para desestabilizar Siria, e en apoio á loita do pobo curdo fronte a eses mesmos inimigos e pola súa autodeterminación.

Xa na seguinte semana, a xeira de palestras deste quinto aniversario encerrará cunha nova ollada sobre Cuba, desta vez da man do galego Maurício Castro, que viaxou recentemente á illa para dar conta da construción do socialismo e da vixencia, no país, das ideas revolucionarias en medio do brutal bloqueo económico imposto polos Estados Unidos e alén da lenda negra que as grandes corporacións mediáticas tentan construír á volta do seu modelo social.

O calendario de actividades encerrará formalmente o 16 de xuño, data en que Mar de Lumes ten previsto organizar un encontro con outras organizacións da solidariedade coas que vén colaborando nos últimos anos, e do tecido social e político galego. Un encontro que dará paso a un concerto pola liberdade de expresión na Gentalha do Pichel de Compostela, da man dos andaluces FRAC e dos galegos O Puto Coro do Exército Froilanista.[/fusion_text][fusion_separator style_type=”none” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” sep_color=”” top_margin=”” bottom_margin=”5%” border_size=”0″ icon=”” icon_circle=”” icon_circle_color=”” width=”” alignment=”center” /][fusion_button link=”https://mardelumes.org/manifesto/” text_transform=”” title=”” target=”_self” link_attributes=”” alignment=”” modal=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” color=”default” button_gradient_top_color=”” button_gradient_bottom_color=”” button_gradient_top_color_hover=”” button_gradient_bottom_color_hover=”” accent_color=”” accent_hover_color=”” type=”” bevel_color=”” border_width=”” size=”” stretch=”default” shape=”” icon=”” icon_position=”left” icon_divider=”no” animation_type=”” animation_direction=”left” animation_speed=”0.3″ animation_offset=””]Ver o «Manifesto por un Mar de Lumes»[/fusion_button][/fusion_builder_column][fusion_builder_column type=”1_3″ layout=”1_3″ spacing=”” center_content=”no” link=”” target=”_self” min_height=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” background_color=”” background_image=”” background_position=”left top” background_repeat=”no-repeat” hover_type=”none” border_size=”0″ border_color=”” border_style=”solid” border_position=”all” padding_top=”” padding_right=”” padding_bottom=”” padding_left=”” dimension_margin=”” animation_type=”” animation_direction=”left” animation_speed=”0.3″ animation_offset=”” last=”no”][fusion_widget_area name=”avada-blog-sidebar” title_size=”” title_color=”” background_color=”” padding_top=”” padding_right=”” padding_bottom=”” padding_left=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” /][fusion_separator style_type=”none” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” sep_color=”” top_margin=”5%” bottom_margin=”5%” border_size=”0″ icon=”” icon_circle=”” icon_circle_color=”” width=”” alignment=”center” /][fusion_widget_area name=”avada-custom-sidebar-redes” title_size=”” title_color=”” background_color=”” padding_top=”” padding_right=”” padding_bottom=”” padding_left=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” /][/fusion_builder_column][/fusion_builder_row][/fusion_builder_container]

Partilla

Share on facebook
Share on twitter
Share on telegram
Share on whatsapp
Share on email

Subscríbete ao noso boletín internacionalista