[fusion_builder_container hundred_percent=”no” equal_height_columns=”no” menu_anchor=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” background_color=”” background_image=”” background_position=”center center” background_repeat=”no-repeat” fade=”no” background_parallax=”none” parallax_speed=”0.3″ video_mp4=”” video_webm=”” video_ogv=”” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_loop=”yes” video_mute=”yes” overlay_color=”” video_preview_image=”” border_size=”” border_color=”” border_style=”solid” padding_top=”” padding_bottom=”” padding_left=”” padding_right=””][fusion_builder_row][fusion_builder_column type=”2_3″ layout=”2_3″ spacing=”” center_content=”no” link=”” target=”_self” min_height=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” background_color=”” background_image=”” background_position=”left top” background_repeat=”no-repeat” hover_type=”none” border_size=”0″ border_color=”” border_style=”solid” border_position=”all” animation_type=”” animation_direction=”left” animation_speed=”0.3″ animation_offset=”” last=”no”][fusion_title margin_top=”” margin_bottom=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” size=”3″ content_align=”left” style_type=”none” sep_color=””]
[BREVES]
[/fusion_title][fusion_title margin_top=”” margin_bottom=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” size=”2″ content_align=”left” style_type=”none” sep_color=””]
Kanaky: un referendo contra o colonialismo francés
[/fusion_title][fusion_images picture_size=”auto” hover_type=”none” autoplay=”yes” columns=”1″ column_spacing=”13″ scroll_items=”” show_nav=”yes” mouse_scroll=”no” border=”yes” lightbox=”no” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=””][fusion_image image=”https://mardelumes.org/wp-content/uploads/2018/10/kanaky.jpg” image_id=”2402″ link=”” linktarget=”_self” alt=”” /][/fusion_images][fusion_text columns=”” column_min_width=”” column_spacing=”” rule_style=”default” rule_size=”” rule_color=”” class=”” id=””]
O 4 de novembro terá lugar un referendo de autodeterminación en Kanaky, nome autóctono da colonia que Francia chama “Nova Caledonia”.
Este arquipélago, situado no Pacífico a 16.000 km da metrópole que o domina, figura na listaxe de territorios non autónomos pendentes de descolonización recoñecidos polo Comité de Descolonización da ONU.
A loita independentista dos kanakas, pobo orixinario do territorio, tomou forza a partir dos anos 60, sendo a década dos 80 a de maior conflitividade e confronto cos colonos e a as forzas de ocupación. Esta fase culminou en 1988 no Masacre de Ouvéa, onde 19 militantes foron executados tras un ataque contra a Xendarmería e unha toma de reféns que tiña como fin forzar unha negociación co poder colonial, como finalmente se acabaría producindo.
Así, o Acordo de Nouméa asinado en 1998 entre o goberno francés, forzas pro-coloniais e as forzas independentistas, concedeu un estatuto especial ao goberno autónomo das illas coa cesión de certas competencias e o recoñecemento do dereito de autodeterminación.
Porén, houbo numerosas dificultades na concreción dese dereito e polémicas previas á convocatoria do referendo, especialmente vivas en canto á elaboración do censo, as posibilidades de inscrición nel e nomeadamente á participación da poboación de orixe francesa. Ese conflito provocou msmo que algunhas forzas independentistas como o Parti Travailliste e o sindicato USTKE chamen a boicotar esta votación por entenderen que non ofrece garantías para a verdadeira expresión do pobo colonizado. Porén, a maioría do independentismo, organizado nos diferentes grupos adscritos ao FLNKS (Frente de Liberación Nacional Kanaka e Socialista) está a facer unha activa campaña polo Si, ao considerar que o referendo,a pesar dos seu problemas e carencias, é unha oportunidade histórica.
Até o momento as enquisas dan certa vantaxe ao Non, respaldado fundamentalmente pola poboación de orixe europeo (“caldoches”) que é maioría na provincia do Sul, a mais poboada e onde está a capital, Nouméa. Em calquera caso, as posibilidades están abertas, e, mesmo se gañase nesta ocasión a opción do manter o statu quo, están previstos dous novos referendos nos próximos anos (2020 e 2022) que permitirían ao povo kanaka seguir acumulando forzas para acabar co colonialismo francés e retomar a plena soberanía sobre o seu país.
[/fusion_text][/fusion_builder_column][fusion_global id=”1644″][/fusion_builder_row][/fusion_builder_container]