#GalizaCatalunya

Desde Galiza, solidariedade, amnistía e autodeterminación

Hoxe, 14 de Outubro, demócratas, independentistas e persoas solidarias coa causa dos pobos saímos ás rúas en dez cidades e vilas de Galiza convocadas pola Plataforma Galiza con Catalunya baixo o lema «Democracia e Liberdade» para condenar a desproporcionada, inxusta e vingativa sentenza do Tribunal Supremo español contra os presos políticos cataláns que veñen de ser xulgados, e para denunciar a política de criminalización que ampara novas detencións e os intentos de capturar as dirixentes exiliadas desde Catalunya. A continuación, mostramos algunhas das imaxes das concentracións en Vigo, Compostela, Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Monforte, Burela e Redondela.

Podes ler o manifesto «Democracia e liberdade» aquí