#GalizaCatalunya

Analisamos a sentenza do TS contra o independentismo catalán

Como parte da Plataforma Galiza con Catalunya, nos últimos tempos a nosa actividade internacionalista en relación á Catalunya vense realizando na rúa, en protestos e convocatorias de solidariedade. Sen embargo, queixemos tamén deternos para ofrecer unha análise da sentenza do TS español contra o independentismo catalán e para iso convidamos a falar Héctor López de Castro, avogado da equipa xurídica da CIG, nun acto que organizamos xunto con Erguer e ANC Galiza na Universidade de Santiago de Compostela.

Na palestra, Héctor López debullou os tipos delitivos que a acusación pretendía asociar á celebración do referendo de autodeterminación de 1 de Outubro de 2017 e os razoamentos do tribunal, xunto coas gravísimas implicacións que esta sentenza ten, non só para a lideranza social e política do independentismo catalán, como tamén para todo tipo de movementos sociais e activistas no Estado español, ao criminalizar a protesta civil e defumar os limites da tipoloxía delictiva para conseguir unha condena que non se limitase á malversación de fondos ou á desobediencia.

Tras a intervención de Héctor López de Castro, seguiu unha interesante quenda de intervencións e preguntas do público, que chamou a atención sobre a involución democrática no Estado español e sobre o papel dos grandes medios de comunicación á hora de pasar información sobre este proceso legal.

Esta actividade enmárcase na longa campaña de accións que Mar de Lumes vén desenvolvendo desde hai anos en relación ao conflito catalán, en apoio do exercicio democrático do dereito de autodeterminación da Catalunya.