Fóra as vosas suxas mans de Bolivia!

[fusion_builder_container hundred_percent=”no” hundred_percent_height=”no” hundred_percent_height_scroll=”no” hundred_percent_height_center_content=”yes” equal_height_columns=”no” menu_anchor=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” background_color=”” background_image=”” background_position=”center center” background_repeat=”no-repeat” fade=”no” background_parallax=”none” enable_mobile=”no” parallax_speed=”0.3″ video_mp4=”” video_webm=”” video_ogv=”” video_url=”” video_aspect_ratio=”16:9″ video_loop=”yes” video_mute=”yes” video_preview_image=”” border_size=”0″ border_color=”” border_style=”solid” margin_top=”” margin_bottom=”” padding_top=”” padding_right=”” padding_bottom=”” padding_left=””][fusion_builder_row][fusion_builder_column type=”2_3″ layout=”2_3″ spacing=”” center_content=”no” link=”” target=”_self” min_height=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” background_color=”” background_image=”” background_position=”left top” undefined=”” background_repeat=”no-repeat” hover_type=”none” border_size=”0″ border_color=”” border_style=”solid” border_position=”all” padding_top=”” padding_right=”” padding_bottom=”” padding_left=”” margin_top=”” margin_bottom=”” animation_type=”” animation_direction=”left” animation_speed=”0.3″ animation_offset=”” last=”no”][fusion_title hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” content_align=”left” size=”3″ font_size=”” line_height=”” letter_spacing=”” margin_top=”” margin_bottom=”” text_color=”” style_type=”none” sep_color=””]

#GalizaBolivia

[/fusion_title][fusion_title hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” content_align=”left” size=”2″ font_size=”” line_height=”” letter_spacing=”” margin_top=”” margin_bottom=”” text_color=”” style_type=”none” sep_color=””]

Fóra as vosas suxas mans de Bolivia!

[/fusion_title][fusion_separator style_type=”none” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” sep_color=”” top_margin=”” bottom_margin=”2%” border_size=”0″ icon=”” icon_circle=”” icon_circle_color=”” width=”” alignment=”center” /][fusion_imageframe image_id=”2803|large” max_width=”” style_type=”” blur=”” stylecolor=”” hover_type=”none” bordersize=”” bordercolor=”” borderradius=”” align=”none” lightbox=”no” gallery_id=”” lightbox_image=”” lightbox_image_id=”” alt=”” link=”” linktarget=”_self” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” animation_type=”” animation_direction=”left” animation_speed=”0.3″ animation_offset=””]https://mardelumes.org/wp-content/uploads/2019/11/bolivia_compos-1024×502.jpeg[/fusion_imageframe][fusion_separator style_type=”none” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” sep_color=”” top_margin=”” bottom_margin=”5%” border_size=”0″ icon=”” icon_circle=”” icon_circle_color=”” width=”” alignment=”center” /][fusion_text columns=”” column_min_width=”” column_spacing=”” rule_style=”default” rule_size=”” rule_color=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=””]Baixo este lema «Fóra as vosas suxas mans de Bolivia», o Comité Galego de Solidariedade Internacionalista Mar de Lumes convocamos esta cuarta e quinta feiras, 14 e 15 de Outubro, concentracións en Compostela, Coruña, Vigo e Ourense para repudiar o golpe de Estado en curso en Bolivia; máis un ataque do imperialismo contra a América Latina que, no caso particular do país andino, concita ademais non só a base económica da dominación, como tamén elementos profundos de racismo, machismo e integrismo relixioso, e que despois da renuncia forzada do presidente Evo Morales continúa unha sangrenta vinganza contra todo elemento non adepto do propio golpe.

A continuación podes ver o manifesto que foi lido nas concentracións:

FÓRA AS VOSAS SUXAS MANS DE BOLIVIA

O que está en curso en Bolivia é un golpe de Estado. Ninguén o discute, agás os propios golpistas que teiman en facelo pasar por unha revolta democrática e o imperialismo, que correu a avalar a autoproclamación da deputada de palla Jeanine Áñez como antes correu a avalar a de Juan Guaidó na Venezuela. Sen embargo, por máis que o neguen, por máis carta de natureza que lle queira dar, a «renuncia» forzada do presidente lexítimo Evo Morales só pode explicarse a partir da violencia desatada por unha oposición golpista, con elementos fascistas e racistas moi destacados, frustrada pola nova vitoria eleitoral da candidatura popular fronte ao candidato da dereita, Carlos Mesa. 

Este é un golpe racista. A queima da wiphala, que unifica as nacións orixinarias de Abya Yala e as imaxes de policías e forzas militares a arrincárena dos seus uniformes non deixan dúbidas de que neste golpe de Estado todas as teclas do odio foron pulsadas. É un golpe contra o primeiro presidente indíxena de Bolivia, contra o recoñecemento do carácter plurinacional do Estado boliviano, e contra as políticas de redistribución cuxas melloras se sentiron, principalmente, entre as e os desposuídos, que sempre foron os grupos indíxenas, sobre todo. Mais non se trata só dun golpe racista. 

As imaxes indignantes da persecución á poboación indíxena, o linchamento público de líderes sociais e de responsábeis públicos do MAS, o ataque ás súas sedes, ás súas vivendas e ás súas familias, a creación de grupos armados irregulares para sementar o terror e levar a cabo accións de «escarmento» político, a violencia desatada polo exército e a policía con total impunidade, os atentados contra as sedes diplomáticas de Cuba e Venezuela, ou o apoio entusiasta da oligarquía e dos medios de comunicación baixo o seu control — todas estas accións, brutais e inaceitábeis, devólvennos ao modelo golpista das décadas de sesenta e setenta e despexan o camiño dun novo Plano Cóndor que as organizacións da solidariedade internacionalista levamos anos a denunciar. Mais o cadro ficaría aínda incompleto se ao seu lado non se destacan ou se ocultan — como está a facer a grande prensa internacional — o papel vergoñento da OEA, verdadeiro ministerio das colonias ao servizo dos intereses xeopolíticos de Washington; o papel da igrexa católica, colocada do lado da ultradereita e dos integristas relixiosos; o papel dos Estados Unidos, que leva anos a cebar unha oposición neofascista e racista a través das súas redes irregulares de financiamento; ou o papel de varios Estados europeos, notadamente o Estado español, que se resiste a deixar en paz o que continúa a considerar como vellas colonias que pode espremer no seu beneficio ou a maior gloria da súa nostalxia imperial. 

O golpe de Estado, contra todo o pobo boliviano, non pode explicarse correctamente se a cobiza do imperialismo e a súa metodoloxía son retirados da ecuación. Non pode entenderse sen pensar que, con pequenas variacións no concreto, segue o esquema que o grande capital quer impór na Venezuela, na Nicaragua, en México ou na Arxentina, e que xa conseguiu impor en Honduras, no Paraguai ou no Brasil. É, por iso, sobre todo e antes de máis, un novo golpe de Estado imperialista na América Latina. Non só contra un presidente indíxena e todo o que iso significa de dignidade e progreso, senón contra a idea mesma de que os pobos da América do Sul poidan exercer a súa soberanía en todos os aspectos, poidan decidir sobre os seus recursos, poidan relacionarse en pé de igualdade nun mundo multipolar que causa pavor ao grande capital transnacional, ou poidan iniciar un proceso de integración social, económica e política nun continente enormemente rico que só a dominación colonial e imperialista ten mantido no subdesenvolvemento e na subalternidade. 

Desde Galiza, pobo tamén negado e convertido en colonia do Estado español, exiximos o cancelamento do golpe de Estado e o fin do terror contra os pobos indíxenas de Bolivia e as organizacións sociais de progreso. Exiximos a restitución da democracia e o respeito á vontade popular que hai só unhas semanas votou maioritariamente pola continuación do proxecto transformador do MAS, encabezado polo presidente Evo Morales. E exiximos o fin do inxerencismo e das operacións imperialistas na América Latina e o respeito á soberanía de todos os pobos que habitan o continente. 

BOLIVIA NON ESTÁ SOA!
FÓRA AS VOSAS SUXAS MANS DE BOLIVIA![/fusion_text][fusion_images picture_size=”auto” hover_type=”zoomin” autoplay=”yes” columns=”1″ column_spacing=”13″ scroll_items=”” show_nav=”yes” mouse_scroll=”no” border=”yes” lightbox=”no” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=””][fusion_image image=”https://mardelumes.org/wp-content/uploads/2019/11/bolivia_cor.jpeg” image_id=”2804|large” link=”” linktarget=”_self” alt=”” /][fusion_image image=”https://mardelumes.org/wp-content/uploads/2019/11/bolivia_ourense.jpeg” image_id=”2805|large” link=”” linktarget=”_self” alt=”” /][fusion_image image=”https://mardelumes.org/wp-content/uploads/2019/11/bolivia_vigo.jpeg” image_id=”2806|large” link=”” linktarget=”_self” alt=”” /][fusion_image image=”https://mardelumes.org/wp-content/uploads/2019/11/bolivia_compos-1024×502.jpeg” image_id=”2803|large” link=”” linktarget=”_self” alt=”” /][/fusion_images][/fusion_builder_column][fusion_builder_column type=”1_3″ layout=”1_3″ spacing=”” center_content=”no” link=”” target=”_self” min_height=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” background_color=”” background_image=”” background_position=”left top” background_repeat=”no-repeat” hover_type=”none” border_size=”0″ border_color=”” border_style=”solid” border_position=”all” padding_top=”” padding_right=”” padding_bottom=”” padding_left=”” margin_top=”” margin_bottom=”” animation_type=”” animation_direction=”left” animation_speed=”0.3″ animation_offset=”” last=”no”][fusion_widget_area name=”avada-blog-sidebar” title_size=”” title_color=”” background_color=”” padding_top=”” padding_right=”” padding_bottom=”” padding_left=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” /][fusion_separator style_type=”none” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” sep_color=”” top_margin=”5%” bottom_margin=”5%” border_size=”0″ icon=”” icon_circle=”” icon_circle_color=”” width=”” alignment=”center” /][fusion_widget_area name=”avada-custom-sidebar-redes” title_size=”” title_color=”” background_color=”” padding_top=”” padding_right=”” padding_bottom=”” padding_left=”” hide_on_mobile=”small-visibility,medium-visibility,large-visibility” class=”” id=”” /][/fusion_builder_column][/fusion_builder_row][/fusion_builder_container]

Partilla

Share on facebook
Share on twitter
Share on telegram
Share on whatsapp
Share on email

Subscríbete ao noso boletín internacionalista