Fabricando o consenso imperialista. Unha serie de palestras-coloquio sobre o uso dos medios de comunicación

Os medios de comunicación son esenciais á hora de definir o marco de contidos e a interpretación que facemos dos conflitos internacionais, e, como todos os sectores industriais, dentro do modelo capitalista, están suxeitos á dinámica de concentración en cada vez menos mans. Isto fai con que a información que consumimos dependa cada día de menos axentes, e que estes teñan cada vez mais facilidade para impor a súa axenda de intereses. Esta é a idea central sobre a que pivota a serie de palestras que estes días están a percorrer distintas cidades galegas da man de Mar de Lumes.

O obxectivo é explicar as dinámicas de funcionamento dos medios de comunicación á hora de fornecer un relato sobre as relacións e os conflitos internacionais, e explicar a progresiva substitución do xornalismo por produtos prefabricados polas grandes axencias de prensa do planeta e por axencias de relacións públicas, de maneira a comprender a crise da información. E isto, con especial atención a un momento en que o relato das seccións de “internacional” comeza a ser disputado pola emerxencia de axencias concorrentes e novos medios globais desde fóra dos Estados Unidos e a Unión Europea.

Esta serie de palestras con debate posterior están a ser conducidas por Oscar Valadares, porta-voz de Mar de Lumes, e xa tiveron lugar na Fundaçom Artábria de Ferrol, na Libraría Cartabón de Vigo e no Centro Social O Quilombo de Pontevedra. Nos vindeiros días serán anunciadas máis datas en novas cidades e vilas.

 

Fotografías do acto de Vigo: Rubens Rocha

Partilla

Share on facebook
Share on twitter
Share on telegram
Share on whatsapp
Share on email

Subscríbete ao noso boletín internacionalista