#InternacionalismoDuranteAPandemia

Venezuela e China: primeiras palestras virtuais de Mar de Lumes

Desde o inicio do confinamento motivado pola pandemia de Covid-19, de Mar de Lumes vimos desenvolvendo unha intensa actividade nos seus perfís de redes sociais. Nos vindeiros días, estenderemos a nosa actividade con dúas palestras ao vivo que se poderán seguir a través da nosa canle en Youtube.

A primeira, prevista para o martes 28 a partir das 18h00 (12h00, hora de Caracas) tratará a situación de Venezuela en loita contra a pandemia co agravante da nova vaga de ataques imperialistas que está a soportar da administración Trump. Para falar desta situación e de como está a darse este dobre combate contaremos coa axuda do activista antiimperialista basco Agustín Otxotorena, afincado en Caracas desde 2008 e que se ten significado nos últimos tempos polo seu traballo nas redes sociais en denuncia das noticias falsas sobre Venezuela que corren, por exemplo, no Estado español.

A segunda palestra ao vivo contará co activista social e político Maurício Castro, unha das persoas que nos últimos tempos se ten achegado máis e de maneira menos preconceituada á realidade chinesa. O interese desta intervención será axudar a romper co relato mediático que mostra a China como o principal “perigo comunista” e, simultaneamente, como un xigante do capitalismo salvaxe.

Ambas as emisións, que se poderán seguir através da canle de Mar de Lumes en Youtube, estarán abertas a comentarios e preguntas que se poderán facer en directo na caixa habilitada ao efeito a carón do vídeo, e que serán tratadas despois da exposición principal, tanto no caso de Venezuela como da China.