Represión e racismo Made in U$A

O asasinato de George Floyd a mans de axentes da Policía de Minneapolis foi a isca que prendeu nunha revolta popular sen precedentes nos EUA desde os anos 60 do século XX. Un país construído sobre a eliminación física e territorial dos pobos autóctones e que se ergueu coa mao de obra escrava e negra converteuse na potencia imperialista máis agresiva do planeta, e parecía que nada podía modificar a súa estrutura interna.
Enormes masas da poboación están a manifestarse frente a violencia, o racismo e a opresión estruturais do réxime norteamericano, que sen embargo conseguira ser paradigma do capitalismo nos nosos tempos, tras décadas de imposición cultural da farsa do “american way of life”.
Para falar de todo isto de primeira man, contamos este martes 9 ás 19h con Alina Duarte, xornalista mexicana afincada en Washington DC, e unha das voces autorizadas que cada día está a difundir ao vivo as mobilizacións a pé de rúa.
Alina foi corresponsal de TeleSur, e ten colaborado con Sputnik, RedFish, Milenio ou La Radio del Sur entre moitos outros, sempre desde a súa perspectiva que non é outra que a de desmontar o discurso hexemónico desde a clase traballadora, o femisnismo e o antiracismo.

Partilla

Share on facebook
Share on twitter
Share on telegram
Share on whatsapp
Share on email

Subscríbete ao noso boletín internacionalista