Celebrado ciclo de palestras sobre o Afganistán

Mar de Lumes recuperou este mes a actividade de palestras-coloquio presenciais cunha serie de encontros sobre a situación do Afganistán despois da retirada das tropas occidentais do país no final de agosto de 2021.

As palestras correron a cargo de Oscar Valadares, que se ten centrado no estudo do papel do imperialismo no mundo árabe-islámico e que, nestas actividades, analisou o papel xogado polos Estados Unidos e o seu aliado rexional Arabia Saudita no espallamento da cosmovisión wahabita polos países con grande presenza sunita, e na utilización dese wahabismo como munición ideolóxica contra países e gobernos que son incómodos para o imperialismo.

Os actos celebráronse, até o momento, en Pantón e Chantada — en colaboración co BNG de ambas localidades — e tamén en Vigo, Redondela, A Coruña, Pontevedra e a Guarda.

Partilla

Share on facebook
Share on twitter
Share on telegram
Share on whatsapp
Share on email

Subscríbete ao noso boletín internacionalista