Constituiuse na Galiza o colectivo Xubiladas de Galiza pola Paz, que se presentou esta semana cun manifesto contra a OTAN e por unha saída negociada á guerra da Ucraína, asinado por un importante número de persoas representativas de diferentes ámbitos sociais. A continuación reproducimos o manifesto na íntegra.
Por Xubiladas de Galiza pola Paz
A guerra e a intervención política externa na Ucraína non comezaron en febreiro de 2022. A maioría dos ucraínos sempre mantiveron con Rusia unhas relacións de estreita colaboración política, económica, cultural e mesmo familiar. Porén, en 2004, seguindo a doutrina do antigo Conselleiro de Seguridade Nacional de EUA Brzezinski, que designaba a Ucraína como baluarte estratéxico contra Rusia, a OTAN tentou tomar o poder en Kíiv mediante a chamada “revolución laranxa”.
En 2006 os electores rexeitaron o golpe, mais a intervención occidental continuou por outros medios. Aínda que o presidente electo Yanukovich tentou manter un equilibrio entre Occidente e Rusia, esa política tampouco foi do agrado dos EUA nin da UE. Así foi como a OTAN decidiu un novo golpe de estado en 2013-2014 (o Euromaidán) derrocando o goberno constitucional, facéndose co control total do estado ucraíno e promocionando os grandes oligarcas ligados a Occidente. Deseguido, rearmou o exército golpista e introduciu nos aparellos de seguridade diversos grupos fascistas e anti-rusos, como Azov ou Pravy Sektor, seguidores do nazi e criminal de guerra Stepan Bandera, colaborador das SS durante a Segunda Guerra Mundial.
Os sucesivos gobernos golpistas dedicáronse a perseguir a cultura e o idioma rusos, maioritarios no leste do país, de Kharkov e o Donbass a Odesa, prohibindo os partidos políticos da oposición, ademais de incautaren os seus bens, pechando os seus xornais e masacrando cidadáns disidentes. O terror fascista foi a causa da rebelión armada do Donbass, que obrigou Kíiv a asinar en 2015 o Acordo de Minsk II, apoiado pola ONU.
Ese acordo (principalmente, retirada de armamento pesado e recoñecemento de autonomía política para o Donbass) nunca chegou a materializarse por parte ucraína. Ao contrario, durante o mandato do presidente Zelenski recruou a guerra no leste durante 2021-2022, con máis de dez mil mortos civís. Esta grave situación humanitaria foi a causa última da invasión rusa que non se pode condenar sen recoñecer simultaneamente as graves responsabilidades do goberno ucraíno e da OTAN no inicio das hostilidades. Signatarios do Acordo Minsk, como Hollande, Merkel e Poroshenko, recoñeceron en 2022
que asinaran para “gañar tempo” e poderen armar Ucraína contra Rusia.
Alén de cínicas, esas declaracións teñen a virtualidade de desmontar a cantilena da “agresión rusa non provocada”. As consecuencias deste conflito están afectando gravemente o resto dos pobos de Europa e do mundo. A consideración desta guerra como unha cruzada contra Rusia está minando as liberdades públicas, penando a disidencia política e impondo o pensamento único. As sancións indiscriminadas e masivas a Rusia, lonxe de arruinaren Moscova e de acabaren coa guerra, conseguiron disparar na UE o custo dos servizos públicos, a factura enerxética e dos alimentos, favorecendo os grandes consorcios económicos e empobrecendo as familias. As subvencións comunitarias non poderán manterse durante moito tempo e a implicación económico-militar da UE-OTAN na guerra xa está afectando gravemente o tecido empresarial galego e o comercio mundial, ameazando con levar moitas pequenas e medianas empresas á quebra, ademais de aumentar o perigo de confrontación directa cunha potencia nuclear como Rusia.
O conflito ucraíno non pode ser desligado da continua expansión da OTAN cara as fronteiras rusas dende 1999. A propaganda desta organización militar afirmaba que fora creada para defenderse da ameaza soviética. Porén, ao pouco de desaparecer a URSS foi cando a OTAN iniciou o ciclo de intervencións militares en Iraq, Iugoslavia, Libia, Siria ou a Ucraína (todos aliados rusos), demostrando que o seu obxectivo real é outro moi diferente. A intención de ampliación ao Pacífico coa intención de conter a China debuxa a OTAN como o brazo armado do imperialismo anglo-norteamericano, inimigo da paz e da cooperación internacional que é o que demandan a inmensa maioría dos países do planeta, a Acta Final de Helsinki e a Carta da ONU. As relacións internacionais non poden basearse no unilateralismo nin na imposición política, económica ou militar duns estados sobre outros. Esa política, como vemos, leva á guerra.
Apelamos ás autoridades galegas, estatais e europeas a non contribuíren a prolongar máis esta guerra na Ucraína. Chamamos ao inicio de xestións diplomáticas no senso que reclaman dirixentes tan diferentes como a Unión Africana, Lula da Silva, Xi Jinping ou o Papa Francisco co obxecto de conseguir canto antes un cese ao fogo que leve a un acordo de paz definitivo.
POR UNHA PAZ XUSTA NA UCRAÍNA, POLA PAZ MUNDIAL, POR UNHAS RELACIÓNS INTERNACIONAIS MULTILATERAIS E COOPERATIVAS, NON AO HEXEMONISMO, NON Á OTAN
ASINANTES
1. Suso Seixo Fernández – Ex secretario Xeral da CIG – 70 anos
2. Elvira Souto Presedo – Ensino – 75 anos
3. Alberte Blanco Casal – Ensaísta. Ensino – 66 anos
4. Margarita Ledo Andión – Directora de cinema . Ensino universitario – 72 anos
5. Xosé Luís Méndez Ferrín – Escritor. Ensino – 84 anos
6. Pilar García Negro – Ensaísta. Ex deputada BNG. Ensino – 69 anos
7. Alonso Montero, Xesús – Ensaísta . Catedrático Emérito da USC – 94 anos
8. Xosé Luís Armesto Barbeito – Ex Reitor da UDC – 75 anos
9. Francisco Rodríguez Sánchez – Ensaísta. Ex deputado BNG. Ensino – 78 anos
10. Suso de Toro – Escritor – 66 anos
11. Tareixa Navaza – Xornalista (TVE Galicia) – 76 anos
12. Alfredo Suárez Canal – Ensino. Ex conselleiro agricultura da Xunta – 71 anos
13. Xosé Lois González Vázquez (O Carrabouxo) – Humorista gráfico – 74 anos
14. Celso López Pazos – Ensino – 68 anos
15. Pilar Allegue Aguete – Ensino – 77 anos
16. Cláudio López Garrido – Ex deputado Autonómico . Economista – 75 anos
17. Manuel Mera Sánchez – Ex presidente da CIG -77 anos
18. Xosé María Álvarez Cáccamo – Escritor – 72 anos
19. Guillerme Vázquez Vázquez – Ex portavoz Nacional do BNG – 71 anos
20. Cesáreo Sánchez Iglesias – Escritor . Presidente de AELG – 72 anos
21. Fernando Acuña Rúa – Ex secretario xeral da CIG – 69 anos
22. Vítor Vaqueiro Foxo – Escritor – 74 anos
23. Fernando Blanco Parga – Ex deputado BNG. Sector Enerxético – 65 anos
24. Vitorino Pérez Prieto – Teólogo – Ensino – 72 anos
25. Lois Diéguez Vázquez – Escritor – Ex deputado BNG – 79 anos
26. Mariano Abalo Costa – Ex tenente alcalde de Cangas do Morrazo – 72 anos
27. Anselmo López Carreira – Historiador – Ensino – 71 anos
28. Francisco Sampedro Ojeda – Ensaísta – 67 anos
29. Manuel Monge González – Sociólogo – 76 anos
30. Ramón López Suevos – Economista – Ensino – 80 anos
31. Anxo Louzao Rodriguez – Ensino. Portavoz Vía Galega – 66 anos
32. Marcial Gondar Portosany – Ensino – 74 anos
33. Pepa Baamonde García – Ensino – 76 anos
34. Fermín Paz Lamigueiro – Sector Enerxético – 72 anos.
35. Carme Pérez Carballo – Xornalista, Guionista – 64 anos
36. Anuncio Moroño Noia – Emigrante retornado – 82 anos .
37. Celsa Arenas Montes – Labores domésticas – 89 anos .
38. Pirula Expósito – Actriz – 70 anos
39. Antonio Souto Presedo – Sector da Banca – 71 anos
40. José Alberto Garcia Suárez – Matemático – 77 anos
41. Maria Antonia Pérez Rodríguez – Ensino – 70 anos
42. Nanina Santos Castroviejo – Ensino – 72 anos
43. Teresa Culebras Pérez – Médica – 69 anos
44. Amalia Villar Calvo – Ensino – 68 anos
45. Concepción Pintos Barreiro – Administración Pública – 68 anos
46. Soedade Amieiro Rodríguez – Administració Pública – 69 anos
47. Vicente Vázquez Diéguez – Pintor. Escritor. Ex membro Tribunal Russell – 80 anos
48. Jesús Chaves Fandiño – Sector naval – 78 anos
49. Carmen Fernández Escuredo – Ensino – 65 anos
50. Manuel Forcadela – Escritor. Ensino – 65 anos
51. José María González Salgado – Sector da banca – 75 anos
52. Elvira Cienfuegos López – Ensino – 68 anos
53. Primitivo Carbajo Centeno – Xornalista – 69 anos
54. Xenaro García Suárez – Ensino – 73 anos
55. Gustavo Luca de Tena – Xornalista – 81 anos
56. Miguel Anxo Murado García – Investigación do CSIC – 78 anos
57. Antonio Ojea Pérez – Xornalista – 78 anos
58. Xabier Paz Canalejo – Biólogo mariño. Escritor – 74 anos
59. Maria do Carmo García Negro – Economista. Ensino – 73 anos
60. Eduardo Rodrígez Cunha (“Tatán”) – Actor – 69 anos
61. Manuel Reboiras Noia – Ensino – 72 anos
62. Carlos Cebey – Delineante industrial – 67 anos
63. José Ruibal Vázquez – Correos – 70 anos
64. Manuela Pérez González – Labores domésticos – 78 anos
65. Antonio Pinto Carballal – Sector da Construción – 82 anos
66. Santiago Ramos Romaris – Visitador Médico – 67 anos
67. Lois Ríos Paredes – Avogado. Ensino – 70 anos
68. Xosé Luis Outes Ruso – Economista – 80 anos
69. Francisco Niño Ricoy – Ensino – 68 anos
70. Gino Martínez Beiro – Ensinante auto-escola – 82 anos
71. Serafín Otero Fernández – Sector bancario – 66 anos.
72. Xosé Carlos Crespo Santiago – Administración Pública – 70 anos
73. Salustiano Guerra García- Ex-traballador da CIG – 67 anos
74. Manuel Díaz Vázquez – Ex-traballador da CIG – 67 anos.
75. Henrique Pérez González – Sector da automoción – 68 anos
76. Xosé Francisco Miranda Vigo – Sector químico – 66 anos
77. Concepción Alvarez Martínez – Ensino – 69 anos
78. Ramón González Boan – Ensino – 71 anos
79. Antolín Alcántara Alvarez – Sector Automoción – 68 anos
80. Xosé Ramón González Losada – Sector Bancario – 70 anos
81. Xosé Fernández Piñeiro – Sector Naval – 71 anos
82. Vitorino Ares Prado – Sector da Construción – 66 anos
83. Xela Fernández Veloso – Sanidade – 68 anos
84. Xosé Lois Freire Domínguez – Sector do Metal – 72 anos
85. Manuel Domínguez Pereira – Sector Naval – 71 anos
86. Xosé M. González Alonso – Sanidade – 74 anos
87. Xosé Sánchez Blázquez – Administración local – 72 anos
88. Rosa Xestoso Iglesias – Sector téxtil – 67 anos
89. Segundo González González – Sector do metal – 72 anos
90. Xesús Fernández Iglesias – Ensino – 68 anos
91. Xosé Bieito Álvarez Lobariñas – Ensino – 65 anos
92. Xosé Carlos Solla Lago – Administración – 69 anos
93. Xoán Cancelas Conde – Sector bancario – 65 anos
94. Lidia Fariña Piñeiro – Correos – 70 anos
95. Adolfo Álvarez Vila – Sector do metal – 72 anos
96. Elvira Iglesias Fernández – Sanidade – 74 anos
97. Xoán Bargiela Domínguez – Sector bancario – 72 anos
98. Luciano Villar González – Sector conserveiro – 67 anos
99. Alberto Villarroel Vila – Sector da automoción – 72 anos
100. Vicenzo Alberte Iglesias – Ensino – 69 anos
101. Xosé Carlos de la Fuente Estévez – Sector do metal – 68 anos
102. Xabier Martínez Rodríguez – Sanidade – 69 anos
103. Antón González Delgado – Sector do transporte – 66 anos
104. María Esther Cabanelas Ferrín – Sanidade – 70 anos
105. Eva Marcos Sánchez – Sanidade – 67 anos
106. Ramón Cabanas Gómez – Sector naval – 72 anos
107. María Laura Rodríguez Abreu – Sector téxtil – 66 anos
108. Cristina Hermida Moinelo – Administración Pública- 69 anos
109. Francisco M. Quintas Fortes – Economista – 69 anos
110. Jorge C. Porrit Loureiro – Sanidade – 67 anos
111. Socorro Dacosta Fernández – Sanidade -72 anos
112. Mª Carme Santiso Blanco – Ensino – 78 anos
113. Baldomero Guedes Domínguez – Sector transporte – 65 anos
114. Xerardo Pérez Comesaña – Sector servizos – 60 anos
115. Teresa Fernández Flores – Administración – 68 anos
116. Josefa Ferreira González – Labores domésticas – 73 anos
117. Valente Campos González – Administración local – 67 anos
118. Mª Angeles Iglesias Blanco – Sector oficinas e despachos – 61 anos
119. Saladina Rodríguez Rotea – Sector servizos – 70 anos
120. Manuel Caamaño Añón – Oleiro – 74 anos
121. Rafael André Fernández – Ensino – 70 anos
122. Dolores Rodríguez Martínez – Sanidade – 70 anos
123. Martín García Cordeiro – Sector conserveiro – 73 anos
124. Aurora Lorenzo Barciela – Ex traballadora da CIG – 66 anos
125. Andrés Fernández Martínez – Ensino – 78 anos
126. Manuela Castro Piñeiro – Ensino – 67 anos
127. Gonzalo González González – Sector Automoción – 67 anos
128. Ricardo Seixo Fernández – Poeta. Ensino – 73 anos
129. Xosé Mª Torné Saa – Sector comunicación – 66 anos
130. Alfonso Tellado Sande – Sector naval – 74 anos
131. Xosé M. Fernández López – Ensino – 65 anos
132. Bernardino Míguez Amoedo – Sector Químico – 64 anos
133. Pedro Luís González Vázquez – Sector da construción – 73 anos
134. Carlos Varela Souto – Hostalaría
135. Maria del Pilar de Nicolás Iglesias – Sector da alimentación – 65 anos
136. Anxel Fernández Rodríguez – Sector bancario – 66 anos
137. Jose Manuel Souto Lamas – Ensino – 66
138. Africa Veloso Peaguda – Sanidade – 65 anos
139. Xosé Barxa Blanco – Bombeiro – 67 anos
140. Xavier Saco Gómez – Ensino – 73 anos
141. Eduardo Míllara Docampo – Administración Pública – 70 anos
142. Xan Losada González – Sector da construción – 70 anos
143. José María Cid Maside – Urxencias Sanitarias – 77 anos
144. Ramón Cid Feijóo – Administración local – 68 anos
145. Carlos Vázquez Castro – Ex traballador da CIG – 69 anos
146. Antón Seoane Puga – Sector da construción – 70 anos
147. Asunción Veloso Peaguda – Ensino – 66 anos
148. Xosé López Somoza – Ensino – 67 anos
149. Miguel Ángel Revaldería Becerra – Distribución farmaceútica – 70 anos
150. Julia Mallo Vieiro – Sanidade – 70 anos
151. María Luísa Fernández de Arriba – Sanidade – 65 anos
152. Jesús Sánchez Costa – Administración de Xustiza – 65 anos
153. José Luís Losada Ruiz – Ensino – 71 anos
154. Dolores Torrealba Beltrán – Sector hostalaría – 68 anos
155. Daniel Cabana Yáñez – Administración Pública – 68 anos
156. Raguida Carcur Estefan – Sanidade – 70 anos
157. Xesús Méndez Rodríguez – Administración Pública – 69 anos
158. Emilio Sánchez Gómez – Ensino – 68 anos
159. María Pilar Prieto Pita – Ensino – 65 anos
160. Carme Vázquez Vázquez – Ensino – 73 anos
161. Daniel López Bispo – Ensino – 70 anos
162. Anxo Ansede Estraviz – Administración local – 68 anos
163. Miguel Ríos Torre – Ensino – 69 anos
164. Xerardo Rodríguez Roca – Ensino – 66 anos
165. Xosé Lois Salvadores Cobas – Ensino – 70 anos
166. Xosé Lois Calvelo Rozas – Asesor fiscal – 70 anos
167. Carlos Campoy Vázquez – Ensino – 73 anos
168. Carme García Paz – Ensino – 71 anos
169. Xosé Ramón Fernández Vázquez – Ensino – 66 anos
170. Julio Velasco Benayon – Sector químico – 83 anos
171. Xosé Lois Portabales Magariños – Sector metal – 68 anos
172. Xermán Rouco Llamderrozas – Sanidade – 65 anos
173. Xosé Lois Leirós Gude – Hostalaría – 74 anos
174. África Leira Sanmartín – Administración autonómica – 75 anos
175. Luís Gonçales Blasco – Ensaísta – Ensino – 81 anos
176. Modesto Pazos Quintillán – Sector bancario – 71 anos
177. Rafael Iglesias García – Ex-traballador da CIG – 69 anos
178. Isabel Barreiro Paz – Sanidade – 64 anos
179. Xosé Manuel Rodríguez Martínez – Sector comercio – 82 anos
180. Dolores Nieves García – Ensino – 71 anos
181. Emilio Oliveira Alfarez – Sector da construción – 66 anos
182. Xosé Manuel Pavón González – Administración pública – 73 anos
183. Ramiro Oubiña – Ex traballador da CIG – 66 anos
184. Rosa Vila Amarelle – Avogada – 68 anos
185. Xosé Lois Seixo Fernández – Ensino – 75 anos
186. Enrique Marti Vázquez – Sector construción – 68 anos
187. Faustino Barcia Santos – Sector construción – 87 anos
188. José Mª Torres Reino – Ensino – 65 anos
189. Modesto Pazos Quintillán – Sector da banca – 71 anos
190. Manuel Sánchez García – Sector metal – 69 anos
191. Xulia Canoura Día – Ensino – 67 anos
192. Francisco Luís Rodríguez Guerreiro – Ensino – 69 anos
193. Silvio Pascual – Artes gráficas – 80 anos