Celebrado ciclo de palestras “Fala a Resistencia” con Fayez Badawi

14/10/2025

Entre os días 3 e 14 deste mes de outubro tivemos a oportunidade de ouvir a voz da Resistencia palestina a través das palabras de Fayez Badawi, histórico militante da resistencia palestina e que durante moitos anos foi o representante para Europa da Frente Popular de Liberación da Palestina (FPLP).

O compañeiro Fayez Badawi deixou claro que a loita palestina é unha loita pola soberanía e tamén unha loita pola propia existencia, e que ambos obxectivos son indisociábeis e irrenunciábeis.

As palestras, que se insiren no marco das actividades de Mar de Lumes con motivo do segundo ano do xenocidio palestino en Gaza, contaron co apoio e a coorganización de diferentes organizacións e entidades como o BNG, Galiza Nova, Erguer, a SCD Condado, o Colectivo Piruchela, o Colectivo Propalestino de Redondela e o concello da Pobra do Brollón, e decorreron por toda a xeografía do país, de Neda á Pobra de Trives pasando por Arzúa, a Pobra do Brollón, Compostela, Ferrol, Ribadavia, Tui, Redondela, Salvaterra e Vilagarcía.

Partilla

Subscríbete ao noso boletín internacionalista