Hoxe temos que denunciar mais un caso de persecución política. Nesta ocasión toca ao compañeiro Bruno Lopes, que vén de recibir unha citación xudicial por un pretenso delito de odio nas redes sociais nunha acusación construída de oficio pola Guardia Civil, que deliberadamente confunde o anti-sionismo co anti-semitismo e trata de restrinxir a liberdade de expresión.
Bruno Lopes e os millares e millares de persoas que reiteradamente nos mobilizamos na Galiza en apoio ao pobo palestino, somos anti-sionistas declaradas, e repudiamos a existencia mesma do Estado sionista de Israel artificialmente implementado sobre a terra e o pobo palestino e cuxa existencia se basea nun rexime de ocupación e discriminación racial e relixiosa. E nen así nos van calar poque denunciar os culpábeis e os cómplices do xenocidio e a ocupación constitúe un mínimo democrático.
As redes sociais están inzadas de contas e persoas a defender abertamente un xenocidio, mais son persoas solidarias como o Bruno quen son criminalizadas no estado español.
Non ás montaxes e á persecución política!
Defender Palestina non é delito!
— Mar de Lumes – Comité Galego de Solidariedade Internacionalistas