Na secuencia do ataque dos Estados Unidos á Venezuela no dia 3 de xaneiro, que envolveu o secuestro do presidente Nicolás Maduro e da deputada Cilia Flores e causou a morte de 120 persoas, de Mar de Lumes contamos co cónsul xeral da República Bolivariana da Venezuela en Galiza, Martín Pacheco, e coa presidenta da AGABO, Ana Mosquera, como voces autorizadas para falar da situación real no país e da propia Revolución.
Este ciclo de palestras, que comezou en Ferrol o día 16 de xaneiro, pasou por Compostela o 12 de febreiro e rematou na Coruña o 20 de febreiro, dase en medio dunha situación de guerra mediática e cognitiva que inclúe noticias falsas, a presentación do país como completamente controlado polos Estados Unidos, e outras, que é urxente combater.
Tanto Martín Pacheco como Ana Mosquera desmontaron os relatos derrotistas e insistiron en que a Revolución continúa baixo a dirección política do chavismo, en que se están a pór en marcha políticas que estaban xa previstas antes do ataque, e que o principal obxectivo do goberno é combater o bloqueo que os Estados Unidos continúan a exercer sobre o país e que demostra, por si só, que non é Washington quen controla Venezuela e que a súa Revolución, malia as dificultades, non está morta.