Celebrada a palestra “Palestina, un pobo permanentemente agredido”

Hoxe, 14 de maio, véspera do día da Nakba, Mar de Lumes – Comité Galego de Solidariedade Internacionalista e BDS-Galiza celebramos unha palestra conxunta na Universidade de Santiago de Compostela baixo o título “Palestina, un pobo permanentemente agredido”, no que ficou claro que os boicotes non son unha novidade histórica, senón un método de loita utilizado desde hai máis dun século para loitar contra as inxustizas sociais. Puidemos, ademais, coñecer datos sobre a situación da Palestina e o modo como o sionismo manipulou e continúa a manipular a historia, apresentándose como ideoloxía dun Estado democrático e aberto cando, na realidade, oculta toda unha serie de crimes contra o povo palestiniano. Coa Palestina, desde a Galiza, a nosa solidariedade.

Partilla

Share on facebook
Share on twitter
Share on telegram
Share on whatsapp
Share on email

Subscríbete ao noso boletín internacionalista