Así se constrúen as mentiras sobre Venezuela

A propaganda de guerra é tan vella como a guerra mesma. Hoxe, a asunción da imaxe como “resumo de todas as cousas posíbeis” e o consumo de información reducida á mínima expresión — modelo Twitter — permiten un paso máis na descontextualización e na apropriación de imaxes para reforzar determinadas leituras políticas, notadamente cando a realidade non ofrece o material desexado. Non hai máis que lembrar aquela imaxe do fotoxornalista Marco di Lauro, feita durante a guerra do Iraque (2003) e utilizada pola BBC para ilustrar os mortos de Houla na Siria (2013). Foi o propio fotógrafo o que denunciou a falsificación da súa imaxe.

As violencia desencadeada pola oligarquía venezuelana para desestabilizar o goberno de Nicolás Maduro nos últimos días ofrece, neste momento, o mellor exemplo dese uso espurio da imaxe, cun sentido político evidente. Ainda mais: o uso de imaxes procedentes de outros lugares e conflitos confirma a ausencia da represión e do totalitarismo que esas oligarquías pretenden mostrar, e, ao mesmo tempo, reforza a liña pacifista da Revolución Bolivariana. Eis apenas cinco exemplos:

1. Esta imaxe utilizada por Daniela Frías correspondía, na realidade, a uns protestos contra o goberno neoliberal da Bulgaria.

2. Outra imaxe da “brutal represión” por parte da policía bolivariana, desta vez procedente dos disturbios de xuño pasado no Brasil.

3. Neste caso, a histórica cadea humana pedindo a independencia da Cataluña foi feita pasar por unha cadea humana da oposición no Estado de Táchira, que nunca se produciu.

4. Neste caso, as imaxes dun motín nun cárcere chileno ilustran a selvaxaría das forzas da orde do goberno.

5. Inclusive unha das fotografías de Loukanikos, o famoso can dos protestos da praza Syntagma de Atenas contra a troika e o neoliberalismo é utilizado.

Partilla

Share on facebook
Share on twitter
Share on telegram
Share on whatsapp
Share on email

Subscríbete ao noso boletín internacionalista