Pola Nakba, máis solidariedade desde a Galiza

Este ano en que continuou a construción do muro da vergoña en Palestina, en que a Arca de Gaza foi bombardeada covardemente, en que o embaixador de Israel no Estado Español declarou o Parlamento Galego “entre os piores inimigos de Israel”, neste ano en que continuaron os masacres indiscriminados na faixa de Gaza e na Cisxordania, en Mar de Lumes quixemos sumarnos á vaga de solidariedade que cada 15 de maio se celebra en todo o planeta en conmemoración da Nakba, a catástrofe da expulsión de 700.000 persoas na Palestina ocupada por Israel.

Este ano, o 66° desde que comezou un dos conflitos humanos máis sistemáticos e longos, organizamos en Compostela e na Coruña dúas actividades nos días 14 e 16, co obxectivo de achegar a situación da Palestina e explicar o ataque sionista a máis xente, conscientes de que apenas a solidariedade internacionalista, conducida através da campaña de boicote, desinvestimentos e sancións, pode contribuir a un fin con xustiza do apartheid sionista.

Para o acto de Compostela, celebrado o día 14, contamos coa participación de Mohamed Safa, que explicou o significado da Nakba e da chave que el, como tantos outros palestinianos expulsados, aínda conserva. Tamén coa achega de Elvira Souto, que falou sobre o modo como Israel introduce contidos nos nosos sistemas educativos como forma de profesionalizar o vitimismo do Holocausto nazista.

No acto da Coruña, de novo Elvira Souto e Dani R. Cao, ambos de BDS-Galiza, explicaron o que desde aqui, a milleiros de quilómetros, podemos facer para pormos fin á agresión diaria do sionismo. Ademais, en ambos os eventos puidemos exibir un fragmento do documentario Peace, Propaganda and The Promised Land e do videoclip Rap News 24, que incluímos a continuación.


Partilla

Share on facebook
Share on twitter
Share on telegram
Share on whatsapp
Share on email

Subscríbete ao noso boletín internacionalista