Asilo para Hassanna Aalia! Soberanía para a RASD!

Hassanna Aalia é un mozo saaraui condenado a cadea perpetua polo rexime de Marrocos. O seu delito foi terse oposto, canda outras e outros compatriotas, ao ataque do exército de Rabat sobre o campamento saaraui de Gdeim Izik en 2010. A petición de asilo político para Hassanna Aalia, refuxiado no Estado español, vén de ser denegada. A decisión causa indignación e carraxe a partes iguais, pero non pode sorprender a ninguén. Por que? Porque o certo é que desde o episodio da chamada “marcha verde” en 1976, todos os gobernos de Madrid teñen privilexiado os negocios con Marrocos e coa dinastía alauí sobre calquera outra reserva a respeito das súas violacións sistemáticas dos Direitos Humanos en territorio da República Árabe Saaraui Democrática (RASD) — que nen Marrocos nen España recoñecen.

A denegación do asilo político a Hassanna Aalia significa, incontornabelmente, a efectivización da cadea perpetua nunha prisión marroquina, onde alén de pagar por un crime que non existe, o único que terá garantido será a violación sistemática dos seus direitos como preso político. Por iso, desde Mar de Lumes, como organización antiimperialista e de apoio aos procesos de emancipación nacional, non podemos ficar de brazos cruzados nen coas mans caídas. Denunciamos a cómplice política exterior do Estado español, sempre manso e dócil cos grandes poderes imperialistas, e implacábel e sádico cos povos sen Estado. Non é a primeira vez, nen moito menos, que Madrid cumpre o papel de sicario ao servizo dos intereses do grande capital, que pasan claramente por impedir a existencia dunha RASD libre e en paz para poder continuar a explotar os seus recursos. E o noso traballo consiste en denuncialo.

+ imaxes da campaña de denuncia

Partilla

Share on facebook
Share on twitter
Share on telegram
Share on whatsapp
Share on email

Subscríbete ao noso boletín internacionalista