Celebradas dúas palestras sobre medios de comunicación na Venezuela e axenda mediática imperialista

Onte, con motivo do segundo aniversario do Comité Galego de Solidariedade Internacionalista Mar de Lumes foi realizada en Vigo a segunda das palestras organizadas sobre os medios de comunicación alternativos e populares en Venezuela e sobre a axenda mediática dos grandes conglomerados da información.

No dobre acto, celebrado en Compostela e en Vigo, interviron os xornalistas José Emílio Vicente e Olalla Rodil xunto co xornalista portugués Bruno Carvalho, que acabado de chegar da Venezuela mostrou tamén en primicia unha premontaxe do documentario que están a preparar sobre a comunicación popular na República Bolivariana, aínda inédito, baixo o título Venezula: um povo que fala. Entre os máis de cento vinte asistentes entre ambas as palestras estivo tamén a Cónsul Xeral da Venezuela en Galiza, Mónica Alejandra Sánchez Morles, que participou durante quenda de intervencións do público.

Estes actos enmárcanse na campaña que Mar de Lumes está a desenvolver contra a manipulación informativa en Venezuela, nun momento de especial relevancia de toda a información que é difundida sobre o país, e tamén nun momento de tensión derivada das agresións de carácter imperialista que enfrenta o goberno bolivariano.

Subscrebe a nosa axenda solidaria!

Partilla

Share on facebook
Share on twitter
Share on telegram
Share on whatsapp
Share on email

Subscríbete ao noso boletín internacionalista