Exiximos o esclarecemento dos crimes do Estado paraguaio

De Mar de Lumes – Comité Galego de Solidariedade Internacionalista, asinamos esta carta aberta a Alberto Fernández xunto con ducias de organizacións internacionais, e fixemos entrega da mesma, coas compañeiras de Ceivar, no consulado da Arxentina en Vigo. Carta aberta ao presidente Alberto Fernández: Non se pode facer «negocios» cun Estado infanticida Os/as abaixo asinantes, […]

En marcha campaña galega pola integridade da Palestina

BDS Galiza, a Asociación Galaico Árabe Jenin e Mar de Lumes vimos de lanzar unha campaña denunciando o apartheid sionista sobre a Palestina e o obxectivo declarado por Israel de ocupar toda a Cisxordania amparado no chamado «Acordo do Século». A primeira acción da campaña é o lanzamento do Manifesto galego pola integridade de Palestina, […]

Posiçom Galega sobre o processo eleitoral de 6 de Dezembro na Venezuela

Galiza contra o ingerencismo imperialista Em setembro rejeitamos taxativamente as tergiversadas e tendenciosas conclusons de um “informe” promovido polo Conselho de Direitos Humanos da ONU, por carecer da mais mínima credibilidade, por ser umha monumental fraude. Nestes dous meses constatamos o acertado diagnóstico e denúncia realizada. A contundente vitória do MAS nas eleiçons na Bolívia, […]

Chile. A loita popular que prendeu

Falamos con dúas activistas que participaron nos masivos protestos chilenos que no último ano puxeron contra as cordas o sistema neoliberal naquel país e que conseguiron forzar o fin da constitución pinochetista e un novo proceso constituente.

América Latina: pobos en resistencia

Na volta das #PalestrasAoVivo contaremos co xornalista portugués Bruno Carvalho, bo coñecedor da América Latina, para falar sobre os movementos populares de resistencia contra o neoliberalismo e o imperialismo. 

Sahara Libre! Denunciamos a agresión marroquina e a responsabilidade do Estado Español

O conflito entre o pobo saharauí e Marrocos é unha desas guerras africanas enquistadas que só poden ser completamente explicadas e entendidas á luz do imperialismo e do colonialismo europeo. Máis concretamente do colonialismo español. O enfrentamento, en si mesmo, foi creado polo propio Estado Español, por se ter negado a unha descolonización efectiva, pactada […]

O internacionalismo galego diante da Operación Jaro

No internacionalismo galego, representado por Mar de Lumes, levamos anos a denunciar as vulneracións de dereitos fundamentais por todo o mundo, contra quen se coloca fronte aos intereses do capital. Prestar atención e denunciar os responsábeis da represión, as inxerencias e as guerras imperialistas fai parte do noso traballo, sempre dunha perspectiva galega e do […]

Contra o imperialismo e as revolucións de cores

Espallar dúbidas sobre o proceso electoral en curso, instalar un clima de desconfianza a través das pancas mediáticas e das ONG e inmediatamente depois, diante dun resultado diverxente coa expectativa xerada, reclamar que se trata dunha fraude electoral. Estes son os mecanismos básicos do que se coñece como unha «revolución de cores». Trátase dun proceso […]

Represión e racismo Made in U$A

O asasinato de #GeorgeFloyd a mans de axentes da Policía de Minneapolis foi a isca que prendeu nunha revolta popular sen precedentes nos EUA desde os anos 60 do século XX.Un país construído sobre a eliminación física e territorial dos pobos autóctones e que se ergueu coa man de obra escrava e negra converteuse na potencia imperialista […]

Represión e racismo Made in U$A

O asasinato de George Floyd a mans de axentes da Policía de Minneapolis foi a isca que prendeu nunha revolta popular sen precedentes nos EUA desde os anos 60 do século XX. Un país construído sobre a eliminación física e territorial dos pobos autóctones e que se ergueu coa mao de obra escrava e negra converteuse […]