Antisionismo non é antisemitismo! Non ás montaxes policiais e á persecución da solidariedade

Este 25 de xaneiro arredor de seiscentas persoas percorreron as rúas da cidade de Ferrol nunha manifestación baixo o lema “Antisionismo non é antisemitismo. Galiza con Palestina”, convocadas pola Coordenadora Galega de Solidariedade con Palestina. A acción denunciou a estratexia de persecución e os intentos de intimidación do Estado español contra activistas e militantes antisionistas […]

Mar de Lumes denuncia intentos de intimidar e criminalizar a solidariedade coa Palestina

O Comité Galego de Solidariedade Internacionalista Mar de Lumes convoca manifestación en Ferrol o domingo 25 de xaneiro ás 12h contra a estratexia de intimidación e criminalización da solidariedade internacionalista con Palestina e enfatiza que a represión non vai distraer o verdadeiro foco que seguirá a ser a denuncia do xenocidio e da ocupación. Mar […]

Mobilizacións por Palestina aos tres meses da farsa do plano de paz de Trump

A solidariedade galega coa Palestina volta ás rúas cando se cumpre o terceiro mes do “plano de Trump” que ia acabar co xenocidio. A continuación deixamos o manifesto lido nas máis de 40 vilas e cidades do país. Compañeiras e compañeiros  Comezou un novo ano e a solidariedade coa Palestina non se detén, fiel ao […]

Galiza con Venezuela fronte á agresión imperialista e pola soberanía dos pobos

Este sábado 10 de xaneiro, o internacionalismo galego saíu ás rúas de Compostela convocada pola Asociación Galego-Bolivariana Hugo Chávez (AGABO) e o Capítulo Galego da Internacional Antifascista, do que Mar de Lumes fai parte, en repulsa pola agresión dos Estados Unidos á Venezuela e o secuestro do presidente Nicolás Maduro e da deputada Cilia Flores. […]

Non ás montaxes policiais!

Hoxe temos que denunciar mais un caso de persecución política. Nesta ocasión toca ao compañeiro Bruno Lopes, que vén de recibir unha citación xudicial por un pretenso delito de odio nas redes sociais nunha acusación construída de oficio pola Guardia Civil, que deliberadamente confunde o anti-sionismo co anti-semitismo e trata de restrinxir a liberdade de […]

Segue a solidariedade galega coa Palestina

Malia o silenciamento mediático, o xenocidio continúa na Palestina e tamén a solidariedade nas rúas da Galiza. Nen o temporal impediu á solidariedade galega acudir á súa cita coa causa palestina e sinalar a complicidade e o oportunismo de quen nos goberna. Mentres a Resistencia palestina continúa en pé polos dereitos do seu pobo á […]

Fóra ianquis da Venezuela

Pola soberanía dos pobos Que os Estados Unidos desexan a caída do goberno bolivariano da Venezuela non é secreto ningún. Que teñen levado a cabo inxerencias de todo tipo, desde hai décadas, para impediren a consolidación do proceso revolucionario no país e o proceso de integración progresista da América Latina, tampouco. Porén, tras uns anos […]