Sobre a “paz” en Gaza

A continuación, reproducimos o comunicado sobre a situación na Palestina feito público pola Coordenadora Galega de Solidariedade con Palestina. COMUNICADO SOBRE A “PAZ” EN GAZA Despois da sinatura do chamado “Acordo de Paz de Trump” no Cairo o día 13 de outubro, e por moito que a partir de aí os aliados do sionismo e […]
Millares nas rúas da Galiza en apoio á xornada internacionalista obreira do 15 de outubro

Este 15 de outubro, coincidindo coas mobilizacións obreiras que na Galiza se levaron a cabo en apoio ao pobo palestino e en repulsa polo xenocidio, a Coordenadora Galega de Solidariedade con Palestina convocou unha nova xornada de mobilizacións. Milleiros de persoas saíron ás rúas simultaneamente en 46 vilas e cidades do país baixo o lema […]
Celebrado ciclo de palestras “Fala a Resistencia” con Fayez Badawi

Entre os días 3 e 14 deste mes de outubro tivemos a oportunidade de ouvir a voz da Resistencia palestina a través das palabras de Fayez Badawi, histórico militante da resistencia palestina e que durante moitos anos foi o representante para Europa da Frente Popular de Liberación da Palestina (FPLP). O compañeiro Fayez Badawi deixou […]
Galiza con Palestina. Contra o xenocidio e a ocupación!

Este 5 de outubro, a só dous días de que se cumpran dous anos do xenocidio palestino na Faixa de Gaza, na Galiza tivo lugar a maior mobilización internacionalista da historia do país. O centro da capital galega quedou colapsado ante a marcha de 80 mil persoas que encheron a Praza do Obradoiro convocadas pola […]
Mobilización contra a presenza de Ehud Olmert na Galiza

Este 4 de outubro, a chamado da Coordenadora Galega de Solidariedade coa Palestina, un millar de persoas mobilizámonos en Ogrobe contra a provocación que supón a presenza na Galiza do ex-primeiro ministro sionista Ehud Olmert, convidado polo galegófobo “Foro La Toja” para lavar a imaxe pública do estado de Israel. A mobilización, que percorreu as […]
LaVuelta e Israel PremierTech fóra da Galiza

Nas xornadas do 7 ao 10 de setembro a solidariedade internacionalista galega fíxose notar de novo nas etapas de LaVuelta, a proba ciclista usada polo estado español para afirmar a “españolidade” do noso país e que, desde hai dous anos, en pleno xenocidio palestino, inclúe unha equipa israelita. A participación neste tipo de competicións internacionais, […]
36 localidades mobilizadas por Palestina

Nos días 8 e 9 de setembro, 36 cidades e vilas da Galiza mobilizáronse máis unha vez en apoio á Resistencia palestina, só un día despois de que a desproporcionada resposta policial no Corgo e Monforte contra manifestantes antisionistas ao paso de LaVuelta deixase varias persoas feridas e detidas. Reprodúcese a continuación o manifesto da […]
Non aos ataques contra Irán! Convocatorias pola paz nas sete cidades galegas

Este 26 de xuño, as sete cidades galegas foron escenario de concentracións promovidas pola Plataforma Galiza pola Paz. Contra o militarismo, a OTAN e a guerra, da que Mar de Lumes fai parte, para denunciar que a agresión imperialista contra Irán e o incremento do gasto militar das potencias da OTAN fan parte da mesma […]
Declaración de Mar de Lumes en relación á agresión imperialista contra Irán

Co ataque dos Estados Unidos á República Islámica de Irán, e diante do contexto de escalada dunha guerra rexional coa que o imperialismo pretende sementar o caos na Asia Occidental, de Mar de Lumes – Comité Galego de Solidariedade Internacionalista chamamos o pobo galego a dar unha resposta a favor da paz e do respeito […]
Celebrada Xornada Galiza pola Paz sobre a política de guerra que impón a OTAN

Este 21 de xuño celebrouse na Casa das Máquinas de Compostela a Xornada de debate “Galiza pola Paz” sobre a deriva militarista da UE e a política de guerra que está a impor a OTAN. A xornada, convocada pola Plataforma Galiza pola Paz. Contra o militarismo, a OTAN e a guerra, da que Mar de […]